Anova, Podemos Galicia e Esquerda Unida camiño de abandonar En Marea

Podemos, EU e Anova estudan abandonar o proceso ante a sospeita de que a nova plataforma favorece á candidatura de Luís Villares

|

Podemos, EU e Anova estudan abandonar o proceso ante a sospeita de que a nova plataforma favorece á candidatura de Luís Villares


As primarias de En Marea volven estar no aire tras a aplicación dun novo sistema de votacións que sementa serias dúbidas no sector crítico coa dirección, cuxa representación no comité electoral cualifica de "ilexítima" a decisión de convocar as votacións para esta fin de semana e pide a súa paralización ante os "problemas de seguridade" e "usabilidade" detectados na nova plataforma do proceso.


Membros do Comité Electoral atenden aos medios fóra da sede de En Marea
Este xoves, varios membros do comité electoral pertencentes ao sector crítico ofreceron unha rolda de prensa na que incidiron en que non aceptan o cesamento ditado por Garantías sobre tres persoas do comité acusadas de acceder ilegalmente ao censo, polo que nou recoñecen que estas fosen substituídas polos tres suplentes (afíns á dirección), aos que responsabilizan de dar luz verde á convocatoria das primarias, unha decisión que consideran "ilexítima".

Mentres os críticos do comité electoral piden a paralización das primarias, as direccións de Anova, Podemos Galicia e Esquerda Unida sopesan a posibilidade de abandonar o proceso electoral, ao que concorren baixo a candidatura 'Entre Todas'.


Estas organizacións cuestionan o sistema contratado pola dirección que encabeza Luís Villares e cren que a nova plataforma está orientada a favorecer os intereses da candidatura continuista. Unha das cuestións sobre as que dubidan é o elevado número de SMS necesarios para completar o proceso, ata 6 segundo algunhas fontes, o que entenden non promove precisamente a participación. 


Con todo, a postura entre os críticos non é unánime, pois algúns líderes, como Martiño Noriega, xa se pronunciou en favor de participar nas votacións.

2 Comentarios

1

Ao final sempre sae a verdade. Neste caso que Podemos, Eu e A Nova non queren que En Marea avance por si mesma senó que sexa correa de transmisión dos mesmos. Polo camiñol destapan as súas vergoñas e o seu desprecio a democracia. Partidos moi minoritarios que queren ser o galo do galiñeiro a calquera prezo. Triste moi triste para unhas organización que se reivindican de esquerdas. Nin son de esquerdas nin, o que resulta pior, son demócratas.

escrito por Manoel Francisco 21/Dec/18    01:30 h.
2

Ao final sempre sae a verdade. Neste caso que Podemos, Eu e A Nova non queren que En Marea avance por si mesma senó que sexa correa de transmisión dos mesmos. Polo camiñol destapan as súas vergoñas e o seu desprecio a democracia. Partidos moi minoritarios que queren ser o galo do galiñeiro a calquera prezo. Triste moi triste para unhas organización que se reivindican de esquerdas. Nin son de esquerdas nin, o que resulta pior, son demócratas.

escrito por Manoel Francisco 21/Dec/18    01:29 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE