En Marea

Nas eleccións xerais poida que haxa unha papeleta de En Marea, pero non será o mesmo

Pedro Sánchez dirá este venres para cando adianta as eleccións. Neses comicios haberá unha candidatura de En Marea, pero, visto o visto, será moi diferente á que quedou en segundo posto na anterior cita en Galicia. Podemos, ANOVA e Esquerda Unida insisten en que Villares non ten autoridade para marcar o que deben votar os deputados en Madrid. Neste momento, parece imposible que acepten ir nunha candidatura baixo o paraugas de En Marea que sostén Villares. Só una dos cinco parlamentarios, Alexandra Fernández (ANOVA), ponse ao lado do líder autonómico, acusando os seus compañeiros de crebar a disciplina.

(VÍDEO) En Marea votará non aos Orzamentos polo baixo investimento en Galicia

Yolanda Díaz pide ao Goberno socialista que "galeguice" as contas e a ministra censura que se antepoñan intereses territoriais.

¿Cargarse a Podemos?

Unhas eleccións nas que deben estar EN MAREA e PODEMOS pero non enfrontados: sería un suicidio inxustificable, sería facerlle un regalo as dereitas (PP, Cs e VOX)

Ou hai máis diñeiro para Galicia ou En Marea votará non diga o que diga Podemos, insiste Villares

Está por ver que o líder da confluencia sexa capaz de impoñer este criterio entre os deputados de En Marea, pois a maioría deles son moi críticos con el

Caballero advirte a En Marea que un 'non' aos PGE reduciría os ingresos de 700.000 galegos


O secretario xeral do PSdeG retou a "Feijóo a que diga que melloras para Galicia fan falta para que o PP en Madrid vote a favor dos orzamentos"
Pode nacer un "Máis Galicia" do conflito en Podemos Galicia?


O errejonismo empeza a mover as súas bazas en Galicia. E fano cun órdago, cuestionando a limpeza das recentes primarias que gañou Antón Gómez Reino, próximo a Pablo Iglesias. A nivel estatal, Podemos rexeita a auditoría que pide o sector crítico galego.

En Marea e o goberno de Sánchez

Unha análise do borrador dos Orzamentos 2019 evidencia que o goberno Sánchez quere introducir un indiscutible xiro social con relación aos gobernos anteriores. 

En Marea votará contra os PGE se non aumenta o investimento en Galicia

"Se Pedro Sánchez quere que os orzamentos saian adiante ten que reverter os recortes", advirten os cinco parlamentarios no Congreso, "claves" para que os orzamentos saian adiante.

Constituída a coordinadora de En Marea integramente con xente da lista de Villares

En Marea constituíu este sábado a súa coordinadora só con 11 membros afíns a Luís Villares, o portavoz e vencedor das pasadas eleccións primarias, que apelou aos integrantes do sector crítico, que non acudiron, a ter "lealdade" e a actuar con "responsabilidade" coa formación política, para non "maltratar" nin "desprezar" aos seus votantes e inscritos.

“O serán que morreu un paciente sen atención na Estrada a Xunta aforrou 300 euros”

Nesta segunda entrega da entrevista concedida por Luís Villares (Lugo, 1978) a Galiciapress, o dirixente de En Marea critica a xestión do PP na crise da sanidade, pide responsabilidades ao goberno central para intervir Alcoa e debulla a actualidade no referido ás negociacións de Cs e PP con Vox. Ademais, manda unha mensaxe á dirección estatal de Podemos: “Fago un chamamento a Pablo Igrexas e á súa dirección para integralos no traballo de En Marea”.

“É unha perrencha dos que contaban con gañar e perderon", Villares responde a Podemos e EU


Luís Villares (Lugo, 1978) atende a Galiciapress o mesmo día no que Esquerda Unida confirma a súa saída de En Marea. Esta situación, xunto co comunicado emitido onte por Podemos no que sinalaba que a auditoría externa reflectía unha falta de “garantías” no proceso de votación nas primarias, deixa á forza política ao bordo dunha ruptura total.


Confírmase a escisión, Esquerda Unida xa non está en En Marea

A pesar de romper co partido, quere manter unidos os grupos parlamentarios en Santiago e Madrid

Podemos Galicia lanza unha conferencia na que podería deixar En Marea

Os votos na primarias de En Marea podían ser cambiados, di o perito externo contratado por Podemos

O borrador da auditoría independente de En Marea reflicte diversas “irregularidades”

O sector crítico de En Marea non quere precipitarse á hora de presentar os resultados despois de caer derrotados no pasado Consello dás Mareas, mentres a dirección está segura da lexitimidade do proceso.

En Marea sobe no CIS a pesar da súa pelexa interna
O Barómetro de Opinión realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) o pasado mes de decembro dá a En Marea unha subida do 0,6 ao 0,9% en intención directa de voto, a pesar de que a enquisa foi realizada en plena crise por facerse co poder na que aínda é a segunda forza política no Parlamento galego.
Constituído o novo Consello dás Mareas coa ausencia do sector crítico

Villares pide "respecto" e "responsabilidade" á candidatura de Bruzos, á que insta a pronunciar "internamente" as súas "discrepancias", mentres os críticos piden "unha auditoría externa".

Xuíces e fiscais "comendo e alternando con cargos do PP ourensán con total normalidade"

A exconcejala Iolanda Pérez Docampo denuncia nunha rolda de prensa a falta de separación de poderes entre a política ourensá e o poder xudicial.

"O máis probable" é que Podemos abandone En Marea

O Comité Electoral dará os resultados finais das primarias de Podemos esta tarde. Pase o que pase, o incendio na confluencia seguirá ardendo.

Os críticos poden deixar En Marea se non hai unha auditoría antes de proclamar os resultados das primarias

O resultado oficioso das primarias de En Marea, que dá a vitoria ao bando de Luís Villares, non afasta a En Marea do risco dunha escisión. En palabras do grupo crítico "Entre Todas abrirá un período de reflexión sobre o futuro do espazo de Unidade Popular, e non descarta tomar medidas legais".

O bando de Villares di que gañou as primarias de En Marea, o bando crítico denuncia fraude electoral

O Nadal non traerá paz a En Marea. Fontes oficiosas dos dous bandos confirmaron a Galiciapress o resultado e avecíñase tormenta.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE