Ou hai máis diñeiro para Galicia ou En Marea votará non diga o que diga Podemos, insiste Villares

Está por ver que o líder da confluencia sexa capaz de impoñer este criterio entre os deputados de En Marea, pois a maioría deles son moi críticos con el


|

Está por ver que o líder da confluencia sexa capaz de impoñer este criterio entre os deputados de En Marea, pois a maioría deles son moi críticos con el


O portavoz de En Marea, Luís Villares, insistiu este luns en que, a día de hoxe e se non se producen cambios nos investimentos previstos para Galicia, os deputados en Madrid da confluencia votarán en contra dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) "independentemente do que faga Unidos Podemos".


O portavoz de En Marea, Luís Villares, na rolda de prensa
Nunha rolda de prensa celebrada en Lugo, Villares cargou contra a actitude do líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, quen o pasado domingo criticou a En Marea pola súa postura de rexeitamento ao anteproxecto de PGE presentado polo Goberno central.

Villares referiuse ás palabras de Caballero, ao que acusa de actuar como "delegado" de Pedro Sánchez en Galicia e de "vestirse" co "traxe de sumiso, de 'caladiño', que colgou Feijóo" tras o cambio de Goberno en Madrid.

"Ese traxe de delegado do goberno que colgou Feijóo recólleo Caballero para seguir os ditados que lle marca o goberno de España", indicou o portavoz de En Marea, que mantén a súa postura de votar non aos PGE se non leva a cabo "un cambio substancial na política de investimentos con Galicia". "Isto ten que quedar moi claro", apostilou.

CORREDOR ATLÁNTICO FERROVIARIO
Á súa vez, na comparecencia celebrada na sede de Lugonovo (marca de En Marea no Concello de Lugo), o maxistrado referiuse ao Corredor Atlántico Ferroviario, e a "foto tan absurda" que, para Villares, protagonizou este luns o presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto cos seus homólogos asturiano --Javier Fernández-- e castellanoleonés --Juan Vicente Herrera--.

"Unha foto tan absurda como a propia Cidade da Cultura, unha foto que non vai valer para nada", afeou Villares quen, sobre o Corredor Atlántico, subliñou a necesidade de que se realicen "dous estudos" polo Ministerio de Fomento para o saída sur de Vigo e o tramo Vos Peares-Cadaval".

"Nin un nin o outro están licitados. Quen ten competencia é Fomento, pero a Xunta podería tomar un acordo de goberno instando a Fomento a realizar estes estudos, que son o paso previo para desenvolver o Corredor Atlántico Ferroviario", puntualizou.

Villares remarcou que "precisamente disto poderían estar a falar os tres presidentes do noroeste, nesa foto inútil da Cidade da Cultura".

Ademais, tamén avanzou que reclamará á Xunta "o desenvolvemento completo do porto seco de Monforte", "imprescindible" para o devandito corredor, e que executen as partidas que xa estaban prevista o ano pasado" que eran de 750.000 euros para a devandita infraestrutura.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE