Os críticos poden deixar En Marea se non hai unha auditoría antes de proclamar os resultados das primarias

O resultado oficioso das primarias de En Marea, que dá a vitoria ao bando de Luís Villares, non afasta a En Marea do risco dunha escisión. En palabras do grupo crítico "Entre Todas abrirá un período de reflexión sobre o futuro do espazo de Unidade Popular, e non descarta tomar medidas legais".


|

O resultado oficioso das primarias de En Marea, que dá a vitoria ao bando de Luís Villares, non afasta a En Marea do risco dunha escisión. En palabras do grupo crítico "Entre Todas abrirá un período de reflexión sobre o futuro do espazo de Unidade Popular, e non descarta tomar medidas legais".



David Bruzos e membros da candidatura 'Entre todas' de En Marea


A alianza de Podemos Galicia, ANOVA, Esquerda Unida e varias mareas (Compostela Aberta, Marea Atlántica, Ferrol en Común e outras) entende que as eleccións non foron xustas. Denuncian que "o reconto dos votos fíxose sen a presenza dos interventores de Entre Todas e as votacións non están auditadas, rexistrándose numerosas incidencias que impedieron o voto de moitas inscritas".  


Ante isto reclaman unha auditoría urxente dos comicios antes de "a proclamación definitiva dos resultados". O detalle de que se pida a auditoría antes de dar os resultados finais é moi importante.


O bando de Villares controla os órganos de En Marea, salvo o Consello Electoral, cuxo control non está claro do todo tras a expulsión de tres membros dos oficialistas, en teoría por acceder ao censo sen permiso. Se o bando de Villares non accede á auditoría, fai valer de novo o seu control dos resortes orgánicos e proclámase vencedor oficial sen auditoría, os críticos de David Bruzos interpretarían un paso máis na súa "xestión oscurantista" e terían así na súa man un causus belli para desatar a escisión de En Marea.

relacionada O bando de Villares di que gañou as primarias de En Marea, o bando crítico denuncia fraude electoral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE