O bando de Villares di que gañou as primarias de En Marea, o bando crítico denuncia fraude electoral
O Nadal non traerá paz a En Marea. Fontes oficiosas dos dous bandos confirmaron a Galiciapress o resultado e avecíñase tormenta.
O Nadal non traerá paz a En Marea. Fontes oficiosas dos dous bandos confirmaron a Galiciapress o resultado e parece que avecíñase tormenta.
Os oficialistas claman gañar co 60 por cento aproximadamente dos votos. Fontes do bando crítico indican que os datos que manexan son , efectivamente, de 1.596 sufraxios para Coidando a Casa de Luís Villares fronte a 1.098 para Entre Todas de David Bruzos.
Iso si deixan advirten dunha posible "fraude electoral" porque din que os votos foron contados sen a presenza de interventores. Así as cousas, o seu paso sería solicitar unha auditoría externa para determinar as posibles irregularidades.
Un movemento que, vista a áceda polémica destas semanas, sería mal recibido no bando oficialista. Está por ver como evoluciona a situación e confírmanse estas cifras -por agora oficiosas- pero todo parece indicar que En Marea segue camiñando cara a unha posible ruptura.
A participación superaría o 60%, cunha importante abstención despois semanas de acusacións cruzadas de fraude, que levaron a suspender as primarias a última hora.
Escribe o teu comentario