En Marea emite un comunicado sen fixar data para as votacións

Nun comunicado oficial de En Marea ínstase ás dúas candidaturas a “dialogar para solucionar de común acordo o resto de defectos do proceso de votación apuntador pola Comisión de Garantías”, suxerindo que son as dúas listas as que se deben poñer de acordo para propoñer “unha data de votación no horizonte temporal máis próximo”.


|

Nun comunicado oficial de En Marea ínstase ás dúas candidaturas a “dialogar para solucionar de común acordo o resto de defectos do proceso de votación apuntador pola Comisión de Garantías”, suxerindo que son as dúas listas as que se deben poñer de acordo para propoñer “unha data de votación no horizonte temporal máis próximo”.


Suspendido temporalmente o plenario de En Marea

Desconcerto entre os afiliados a En Marea


Desde a dirección de En Marea enviaron un comunicado aos inscritos nos que afirmaba que comprende a “sensación de inquietude” que se respira e que “ante a imposibilidade material de realizar a votación” por culpa da orde de suspensión emitida por Garantías, aseguran que se atopan “realizando as xestións que dependen de nosa propia autoridade para restaurar con moita brevidade a regularidade censal”.


En Marea sinalou que o principal motivo que motivou a paralización das eleccións foi un fallo no censo, que segundo a forza política “podería motivar unha manipulación nas votacións”. Así, En Marea xa puxo esta situación en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos e acordou a realización dunha dobre auditoria, interna e externa, para reparar os erros na seguridade, para renovade o proceso electoral na maior brevidade posible.


Ao principio do día, a conta oficial de Podemos Galicia fíxose eco de como varios votantes xa votaran con normalidade, aínda que co paso das horas a formación morada alertou de que moitos afiliados estaban a ter dificultades á hora de emitir o seu voto, para confirmar máis tarde que o proceso estaba suspendido.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE