En Marea mantén a súa preocupación por como afectará a mina ao Camiño
O grupo municipal insta o concello de Touro a presentar a ampliación para as alegacións ao proxecto mineiro para que se inclúa o informe de ICOMOS no que se expón como afectará o enclave mineiro ao trazado orixinal do Camiño de Santiago.
O grupo municipal insta o concello a presentar a ampliación para as alegacións ao proxecto mineiro para que se inclúa o informe de ICOMOS no que se expón como afectará o enclave mineiro ao trazado orixinal do Camiño de Santiago.
A agrupación municipal considerar un elemento prioritario recuperar o Camiño, xa que “atraería propostas empresariais e xeraría postos de traballo duradeiros no tempo”, afirman desde a forza morada.
“O concello debe completar as alegacións que presentou no seu día inmediatamente á conclusión das recomendacións do informe de ICOMOS tendo en conta as últimas informacións achegadas por Cobre San Rafael respecto ao proxecto mineiro”, afirma a nota emitida, onde tamén destaca que é “o goberno local” o organismo competente de protexer e defender “o patrimonio histórico-artístico”, como é o caso do Camiño Historico Arzúa-Quinón-Amenal.
En Marea Touro tamén anuncia que o grupo parlamentario levará ao parlamento “unha serie de iniciativas relacionadas coa conservación e posta en valor do camiño francés ao seu paso por Touro”.
Escribe o teu comentario