Alcaldes advirten ao bando de Villares que non debe atrasar máis as primarias, que podían empezar o 24

Martiño Noriega (Compostela Aberta, Santiago) e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica, A Coruña) coinciden en que non ten sentido prolongar a suspensión. Os últimos rumores descartan esta fin de semana e apuntan a que empezarían o 24 de decembro.


|

Martiño Noriega (Compostela Aberta, Santiago) e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica, A Coruña) coinciden en que non ten sentido prolongar a suspensión. Os últimos rumores descartan esta fin de semana e apuntan a que empezarían o 24 de decembro


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, cre que, tras coñecerse o resultado das auditorías encargadas pola dirección, "quedou demostrado" que non houbo "manipulación" do censo de En Marea, polo que pediu que se poida votar "canto antes" para renovar os órganos de dirección do partido instrumental.


Martiño Noriega E David Bruzos
Así se expresou o líder de Compostela Aberta este martes, un día despois de que o representante legal de En Marea ante a Axencia Española de Protección de Datos, Gonzalo Rodríguez, ofrecese unha rolda de prensa na que informou do resultado das auditorías encargadas, que revelaron que existiron catro accesos non autorizados ao censo, no que non hai constancia de que se producisen alteracións.

"Quedou demostrado algo que era fundamental e importante, e é que non había ningún tipo de manipulación no censo. Por tanto, o horizonte de votación ten que suceder canto antes para sacar deste impás a esta organización", apuntou Noriega.

O rexedor compostelán cre que existen "garantías" suficientes para levar a cabo as primarias, en suspenso desde hai case dúas semanas e nas que compiten a candidatura oficialista de Luís Villares e a do sector crítico encabezaba por David Bruzos, lista á que Noriega expresou en repetidas ocasións o seu apoio.

Así, ante a posibilidade de que as primarias continúen suspendidas ás portas do inicio do nadal e de que este factor puidese derivar en que as votacións non se realicen ata o próximo mes de xaneiro, Noriega incidiu en que "non beneficia a ninguén" que se dilate o proceso.

"Non ten ningunha xustificación que as votacións sexan para o próximo ano. Non debe haber ningún interese para dilatar un proceso que deteriora a credibilidade do espazo, salvo que non se entenda que o espazo é fundamental para a construción do país", aseverou.

1 Comentarios

1

O cinismo destes alcaldes non ten limites. Son eles os que dan cobertura a un grupo que quere a toda costa vivir a conta de En Marea coste o que coste. Deron cobertura ao indecente comportamente dunha parlamentaria, ao pucheirazo do derradeiro Plenario e agora ao intento de desvituar o censo. Ou alguén se cree que entraron no censo para fecilitar as Navidades aos inscritos de En Marea?.

escrito por Manoel Francisco 11/Dec/18    23:40 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE