​As primarias de En Marea serán “en breve”, posiblemente a partir do 15 de decembro

"Principio de acordo" entre críticos e oficialistas, indica Martiño Noriega.Mentres, Feijóo aproveita a crise da confluencia para restar credibilidade a Villares no Parlamento. 


|

Feijóo aproveita a crise da confluencia para restar credibilidade a Villares no Parlamento


"Principio de acordo" entre críticos e oficialistas, indica Martiño Noriega


O alcalde de Santiago adiantou hoxe que as primarias de En Marea serán probablemente “en breve”. Martiño Noriega (Compostela Aberta) fixo alusión a un “principio de acordo” entre os bandos enfrontados.



Martiño Noriega E David Bruzos

O alcalde de Santiago co candidato dos críticos nun acto previo ás primarias


“Hai vontade de que sexa canto antes” declarou Noriega, unha das cabezas visibles da confluencia en Galicia. Á espera dun anuncio oficial definitivo por parte de En Marea, os rumores apuntan a que as primarias se renovarán a fin de semana do 15 e 16 de decembro, dentro dunha semana e media.


Consciente de o evidente desgaste que a crise pode supoñer para as opcións electorais das mareas nas próximas municipais, o militante de ANOVA mostrouse satisfeito porque se prestase “atención” aos chamamentos “que moitos fixemos para primar outro tipo de cousas”.


Sobre a mesa continúa o que sucedeu co censo. O bando oficialista denunciou que o Comité Electoral -controlado polos críticos- accedeu a el sen permiso. Noriega agarda que antes da continuación aclárese que, efectivamente, non se manipulou a lista de votantes.


FEIJÓO APROVEITA A SUSPENSIÓN DAS PRIMARIAS

O desgaste para En Marea é evidente. Hoxe o presidente de la Xunta enarborouno nas súas respostas no Parlamento ao líder dos oficialistas. Alberto Nuñez Feijóo pediu a Luís Villares que tivese algo de “pudor” ao falar de democracia e transparencia, visto o caos das eleccións da súa forza política.


O grupo de Villares (apoiado por Cerna e algunhas mareas locais) e a alternativa que lidera David Bruzos (apoiada por Podemos, Anova, Esquerda Unida e mareas como a de Santiago, A Coruña e Ferrol) rebaixaron o ton nas últimas horas, nun intento de saír da lameira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE