O esperpento das primarias de En Marea acaba nos xulgados
A estas alturas os votantes da confluencia, a segunda forza política en Galicia, deben estar a se preguntar se os seus dirixentes en realidade non son 'topos' doutros partidos. Lonxe de tentar salvar canto antes a crise interna, os oficialistas de Villares a través da Comisión de Garantías agrávana remitindo o caso á fiscalía, a pesar de admitir que o censo non se modificou. Acusan os críticos de David Bruzos de tentar acceder pola porta de atrás, versión que estes rexeitan tajantemente.
A estas alturas os votantes da confluencia, a segunda forza política en Galicia, deben estar a se preguntar se os seus dirixentes en realidade non son 'topos' doutros partidos. Lonxe de tentar salvar canto antes a crise interna, os oficialistas de Villares a través da Comisión de Garantías agrávana remitindo o caso á fiscalía, a pesar de admitir que o censo non se modificou. Acusan os críticos de David Bruzos de tentar acceder pola porta de atrás, versión que estes rexeitan.
O responsable legal de En Marea ante a Axencia Española de Protección de Datos, Gonzalo Rodríguez, avanzou que a dirección do partido instrumental poñerá en coñecemento de Fiscalía os accesos ao censo por parte de membros do comité electoral que, segundo a coordinadora, non estaban autorizados a facelo.

Gonzalo Rodríguez
Así o indicou en declaracións á Radio Galega na mañá deste mércores Gonzalo Rodríguez, que acusou ao comité electoral de "verter tinta por todos os lados para que non se coñeza a realidade".
As declaracións de Rodríguez prodúcense un día despois de que o comité electoral rompese o seu silencio nunha comparecencia de prensa na que aseguraron que as persoas que accederon ao censo estaban autorizadas a facelo en cumprimento do regulamento das primarias, á vez que acusaron á coordinadora de "secuestrar" o proceso electoral.
Rodríguez, que ofrecerá este mércores unha rolda de prensa en Santiago, confirmou que a coordinadora, que solicita a revogación das tres persoas do comité designadas para o control do censo, trasladará a Fiscalía o sucedido para que o Ministerio Público investigue se estes "accesos irregulares" ao rexistro de inscritos son constitutivos de delito.
Escribe o teu comentario