Podemos e Anova advirten que En Marea está a piques de romper
O sector oficialista de Luís Villares acaba de anunciar o levantamento da suspensión das primarias. Agora ben, este anuncio pode chegar tarde, pois tanto Podemos Galicia como ANOVA xa convocaron reunións para estudar se abandonan as primarias e, con elas, a confluencia.
O sector oficialista de Luís Villares acaba de anunciar o levantamento da suspensión das primarias. Agora ben, este anuncio pode chegar tarde, pois tanto Podemos Galicia como ANOVA xa convocaron reunións para estudar se abandonan esta convocatoria e, con elas, a confluencia.
Antón Sánchez, portavoz de Anova
A dirección de Anova acusou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, e ao seu equipo de instalar "un estado de excepción" no partido instrumental tras a paralización "unilateral" das primarias, un movemento que a formación nacionalista cre orientado a "desmovilizar aos inscritos".
Anova emitiu un comunicado na tarde deste mércores, ao mesmo tempo que Podemos Galicia celebra unha reunión telemática da súa executiva na que estudan se retirarse do proceso de primarias, ao que concorren baixo a candidatura do sector crítico 'Entre Todas', na que copan gran parte dos primeiros postos da lista.
PODEMOS NON ROMPE AGORA, PERO PODE ROMPER PRONTO
O máis probable é que Podemos Galicia non rompa aínda con En Marea, pero que lance unha advertencia formal. Fontes do partido morado explicaron a Galiciapress que, en todo caso, son conscientes de que é case imposible reconducir a situación vista a actitude que perciben en o bando oficialista de Villares. Ante isto, a ninguén se lle escapa que a temida escisión da confluencia pode ser unha realidade a non moi curto prazo
Podemos Galicia desconfía das novas normas creadas polo bando de Villares despois de que parasen as primarias, que na súa opinión dificultan moitísimo as votacións. A expulsión de varios membros da cúpula directiva e a remisión do caso á Xustiza son interpretadas como indicacións de que o bando de Villares, Cerna e algunhas mareas non urbanas non están por facer as paces, senón por gañar as primarias custe o que custe.
ANOVA PODERÍA DECIDIR ABANDONAR A CONFLUENCIA ESTE XOVES
Como advertencia formal antes dunha posible saída, tamén se pode interpretar tamén o comunicado de En Marea desta tarde.A formación liderada por Antón Sánchez explica que a comisión permanente de Anova abordou nunha reunión mantida este mércores a situación de En Marea e cualifica de "bochornoso" e de "auténtico estado de excepción" todo o proceso de eleccións internas no partido instrumental.
Ademais, o partido fundado polo histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras prevé reunir á súa Coordinadora Nacional este xoves para analizar os pasos para dar nun contexto no que considera que a actual dirección de En Marea "pon en perigo" a continuidade do espazo de unidade popular.
ESIXE O REINICIO INMEDIATO DO PROCESO
Así mesmo, Anova esixiu o "reinicio" do proceso de primarias esta fin de semana antes de final de ano, e que se realice mantendo a fórmula decidida e aprobada democraticamente no plenario de En Marea.
E é que, a formación fundada polo histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras considera que foron "violentados" diferentes elementos que deben de ser corrixidos. Así, reclama que o comité electoral saído do plenario recupere as súas funcións e que os recursos materiais de En Marea póñanse ao servizo deste órgano electoral para "garantir" a limpeza no proceso.
Ademais, reclama que os inscritos poidan coñecer o contido das auditorías encargadas pola coordinadora e non "a interpretación de parte" que a actual dirección fai delas. Para Anova, estas carencias deben de ser solucionadas para "permitir a limpeza e a transparencia no proceso".
Escribe o teu comentario