Luís Villares (Lugo, 1978) atende a Galiciapress (como tamén fixo o outro cantidato David Bruzos) a uns días de que o Consello dás Mareas decida cal das dúas listas debe asumir a dirección. Ademais de incidir na pluralidade da súa lista, Villares matiza a polémica das doazóns dos deputados de Podemos, asegurando que "o compromiso de limitación salarial está a cumprirse" . Para o seu rival ten palabras de eloxio: "Bruzos é un gran compañeiro e unha persoa dialogante".
A coordinadora de En Marea asegurou que os deputados autonómicos de Podemos e Esquerda Unida --excepto Manuel Lago-- non cumpriron en 2018 coas obrigacións da carta financeira que contempla deben destinar á formación o 50% das cantidades que están obrigados a doar. Pola súa banda, o secretario xeral do Podemos, Antón Gómez-Reino, defendeu aos seus compañeiros de filas e destacou que "entregan parte do seu salario a cuestións fundamentais como proxectos sociais".
David Bruzos (1979, Ourense) ofrece a Luís Villares -a quen encomia polo seu labor parlamentario- integrarse na dirección se sae elixido. Nunha entrevista con Galiciapress apela a abrir o espazo e integrar a máis persoas para construír un proxecto plural e sólido que poida chegar a presidir a Xunta. O ex-deputado encabeza a lista do grupo dos críticos (Podemos, ANOVA, EU e algunhas mareas) coa dirección actual, que medirán forzas coa oficialistas de Villares esta fin de semana.
Luís Villares e o seu sector crítico han anunciado as listas para as eleccións internas do partido que se celebrarán a primeira fin de semana de decembro. O exdiputado David Bruzos medirase a Luís Villares na pugna pola dirección de En Marea, que terá lugar na celebración do próximo Consello dás Mareas.
A dirección do partido morado ha feito un chamamento aos seus inscritos para que se inscriban no partido instrumental e en só dous días o censo creceu en 200 persoas. A intención de Podemos Galicia é contar con máis apoios no próximo Consello dás Mareas.
A dirección, que pon como data de inicio o día 20 de novembro e que dará os resultados o 5 de decembro, asegura que son "os únicos que garanten a pluralidade" no Consello fronte ás listas pechadas propostas polos críticos.
Galiciapress entrevista ao novo líder de Podemos Galicia minutos antes da primeira reunión directiva da nova etapa. Consciente da tensión que rodea a En Marea, Gómez Reino insiste en que Podemos non quere controlar a confluencia e mesmo aplaude o papel de Luís Villares. Agora ben, deixa claro que se necesita un cambio de modelo para acomodar aos municipalistas e aos partidos tradicionais. A súa posible candidatura á Xunta de Galicia, Alcoa, ENCE, un adianto electoral e as noticias de irregularidades nas primarias son algúns doutros temas desta conversación.
Abríronse agora roldas de contactos para explorar a posibilidade de alcanzar unha única candidatura que aglutine aos integrantes do que se coñece actualmente como sector crítico.
A asociación por un sur de Lugo libre de eucalipto prevé constituírse o vindeiro venres 9 de novembro en Monforte de Lemos.
O propio líder da confluencia denuncia a "verdadeira anomalía" de que o censo se reabrise o mesmo día do Plenario, cando as normas dicían que debía pecharse tres antes. Ao final, os críticos gañaron as votacións, algunhas por unha marxe moi estreita, polo que esta reapertura foi clave.
Pero para min aínda resulta mais grave que, logo deste Plenario, séguese votando en falta un proxecto político global e sectorial que, asumido por todas, defina a EN MAREA como unha opción que aspira decididamente a gobernar en Galicia.
Estes resultados supoñen a vitoria das opositores á xestión de Luís Villares. A dirección do partido instumental só sacou 3 postos dentro do Comité Electoral.
Os grupos críticos con Luís Villares recibiron un respaldo desigual no pleno de En Marea pero logran ampliar o prazo do censo. Con todo, mantense a proposta da dirección de repetir o modelo de candidaturas para optar ao Consello dás Mareas.
O portavoz de En Marea, Luís Villares, saudou a "afluencia masiva" ao plenario que o partido instrumental celebra este sábado en Santiago, do que confía en que salga un "escenario de unidade" para demostrar que En Marea representa a "única alternativa ao PP".
O sector crítico de En Marea presenta as súas teses políticas, moi críticas co rumbo impulsado polo portavoz parlamentario. Entre outras cousas, reclaman que o censo para poder votar nas eleccións ao Consello amplíese ata o 23 de novembro
Compromiso por Galicia non acuidrá ás eleccións europeas con En Marea nunha lista conxunta, tal e como propuxo Luís Villares. O portavoz de En Marea dixo que vía a CxG como unha "forza irmá".
PP, En Marea, PSdeG, BNG, Podemos e Marea Atlántica mostraron o seu apoio aos traballadores da empresa de aluminio. A manifestación contou cunha presenza multitudinaria para loitar contra o ERE anunciado por Alcoa.
En relación ao acordo asinado cabe preguntarse si con este PSOE, con tan fortes vínculos coas elites económicas e financeiras, era posible un acordo máis ambicioso?
Mentres a sanidade pública a penas convoca prazas para psicólogos, firma á súa vez convenios con entidades privadas para atender a persoas con "enfermidade avanzada".