Denuncian a privatización do servizo de psicoloxía no SERGAS

Mentres a sanidade pública a penas convoca prazas para psicólogos, firma á súa vez convenios con entidades privadas para atender a persoas con "enfermidade avanzada".


|

Mentres a sanidade pública a penas convoca prazas para psicólogos, firma á súa vez convenios con entidades privadas para atender a persoas con "enfermidade avanzada".




Así o denunciou onte a deputada de En Marea, Eva Solla, facéndose eco das denuncias da comisión de persoal de Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) .  Na súa opinión, estamos ante unha "privatización encuberta do servizo" mediante convenios con organismos como Cruz Vermella para a "atención psicosocial de persoas con enfermidade avanzada". 


“Necesitamos máis prazas de psicólogos clínicos en Galicia e o que fai o PP é privazar este servizo", quéixase a deputada. Segundo o Colexio Oficial de Psicoloxía  de Galicia, a autonomía está á cola de España no número de profesionais. 


A política de Esquerda Unida tamén relaciona este tipo de convenios coa precariedade no SERGAS, porque prazas públicas supoñerían "máis postos de traballo en mellores condicións".



Eva solla marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE