A Mesa da Confluencia faise con 10 dos 13 postos do Comité Electoral de En Marea

Estes resultados supoñen a vitoria das opositores á xestión de Luís Villares. A dirección do partido instumental só sacou 3 postos dentro do Comité Electoral.


|

Estes resultados supoñen a vitoria das opositores á xestión de Luís Villares. A dirección do partido instumental só sacou 3 postos dentro do Comité Electoral. 


Villares, no plenario de En MareaVillares durante o pleno do pasado sábado


A lista dos críticos coa dirección de En Marea alzouse con 10 dos 13 postos que integran o Comité Electoral para as primarias que decidirán, entre o 1 e o 3 de decembro, a nova composición da dirección do partido instrumental. Desta forma, a lista da actual coordinadora tan só conseguiu tres postos.

Os resultados da votación, realizada de forma secreta e en urnas durante o plenario celebrado este sábado na Faculta de Ciencias Económicas de Santiago, concluíron coa vitoria da chamada Lista Confluencia, con 2.547 votos, fronte á Lista entre todas (1.792 votos) e un candidato independente (11). Cada persoa inscrita puido votar a un total de dez persoas, cinco mulleres e cinco homes como máximo.

O reconto de resultados, remitidos aos medios de comunicación o pasado domingo, realizouse unha vez concluíu o plenario, xa no local de En Marea, debido ao atraso nos horarios da orde do día.

Estes resultados non fan senón evidenciar aínda máis a vitoria parcial do sector crítico --a chamada Mesa da Confluencia, promovida por Compostela Aberta e na que participan Anova, EU, Podemos e mareas municipalistas como Marea Atlántica ou Ferrol en Común, entre outras--, que logrou ampliar o prazo do censo ata o próximo 23 de novembro, mesmo día que quedará clausurado o rexistro de candidaturas para optar a un posto no Consello dás Mareas.

LISTAS PECHADAS

Con todo, os críticos non foron capaces de impoñer o seu proposta para que as primarias leven a cabo a través de listas abertas e candidaturas individuais, pois esta emenda foi tombada con 283 votos a favor e 258 en contra.

Finalmente, manterase a proposta da dirección, encabezada por Luís Villares, de repetir o modelo de candidaturas por listas pechadas que se empregou no primeiro e último proceso ao órgano máximo de dirección entre plenarios do partido instrumental.

O plenario desenvolveuse baixo un clima de forte división, con continuas interrupcións e reproches cruzados entre os sectores oficialistas e a Mesa da Confluencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE