As pemes galegas poderían aforrar case unha cuarta parte da enerxía que consomen

Comercio e hostalería rexistran os mellores datos, segundo un estudo de Gas Natural Fenosa | Este aforro permitiría crear 8.643 postos de traballo nas pemes.


|

GasnaturalfenosaahorropymesA responsable de Enerxía e Medio Ambiente da Fundación Gas Natural Fenosa, Laia Gelabert Adoitar, e o delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández Pellicer // Gas Natural Fenosa


As pequenas e medianas empresas (pemes) galegas poderían aforrar máis de 231 millóns de euros na factura enerxética implementando medidas de eficiencia nesta materia, segundo se expuxo na presentación dun estudo da Fundación Gas Natural Fenosa.


En concreto, o seu Índice de Eficiencia Enerxética (IEE), -que mide o desempeño global das pemes en aforro enerxético- sitúase en seis puntos sobre dez, lixeiramente superior á media nacional que é de 5,9 puntos. O sector con máis eficiencia enerxética é o comercio e hostalería, seguido do da industria. O de menor, son os servizos profesionais.


Na presentación deste estudo, elaborado tras unha enquisa a 2.000 pemes españolas, un total de 119 en Galicia, a responsable de Enerxía e Medio Ambiente da Fundación, Laia Gelabert, destacou que, en Galicia, este sector, ten potencial para aforrar case un cuarto --o 23,36%-- da enerxía que consome, o que equivalería a un aforro económico de máis de 231 millóns.


PUNTOS FORTES E DÉBILES


Os hábitos de eficiencia enerxética máis estendidos aparecen nas pemes do sector industrial, onde destaca o control das cámaras frigoríficas (máis do 90%), o control dos fornos industriais (máis de 85%), o control das caldeiras na industria (control de emisións e regulación cun 100%, e limpeza habitual de queimadores cun 73%). Outros hábitos de aforro estendidos son propios do sector hostaleiro como a desconexión ou minimización de calefacción/aire acondicionado en habitacións desocupadas (95%), a iluminación independente de todas as zonas das instalacións (84%) e a reforma da iluminación no últimos cinco anos (71%).


No lado contrario, os hábitos pouco eficientes máis estendidos entre as pemes de Galicia son o feito de non dispoñer dun sistema de xestión enerxética (88%), o de non ter ningún sistema de xestión de calidade, enerxía ou medioambiente (84%), o non participar en ningún programa ou subvención de eficiencia enerxética (87%), o non contratar ningunha auditoría enerxética nos últimos 3 anos (91%) e o mantemento exclusivamente correctivo do sistema de iluminación (87%). Así mesmo, o 72% das empresas galegas non ten un sistema de xestión centralizada de iluminación.


Neste sentido, segue existindo un percorrido de mellora na eficiencia enerxética das pemes, coa utilización de equipos de monitoraxe e telemedida. Só o 28% das empresas galegas realizou unha optimización de tarifa ou axuste de potencia no último ano, algo que lles permitiría aforrar considerablemente na factura enerxética. Ademais, só o 27% das empresas consultadas realiza algún tipo de xestión para identificar excesos de consumo, por baixo do 35% nacional. Por sector de actividade, é a industria a que maior control realiza do seu consumo e a que ten unha maior taxa de participación en programas de eficiencia enerxética.


En comparación coa edición do 2015, a tecnoloxía led converteuse en predominante, pasando dun 24,3% a un 61%. Os sectores que implantaron máis esta tecnoloxía son a hostalería con practicamente un 100% e o comercio, co 71%.


OPTAR A SUBVENCIÓNS


Para iso, insistiu na necesidade de que implementen medidas de eficiencia enerxética. Ademais, subliñou que este aforro permitiría crear, segundo expuxo, 8.643 postos de traballo nas pemes. Con todo, asegurou que a participación destas en programas ou subvencións para mellorar esta eficiencia é, no caso de Galicia, baixa.


"Ou porque non se fai suficiente difusión das subvencións ou porque as empresas bótanse para atrás pola burocracia", engadiu. Así, sinalou que a contratación de auditorías enerxéticas representa só un 8,6%.


Mentres, sinalou que só o 27% das empresas consultadas realizada algún tipo de xestión para identificar "excesos de consumo anómalos".


Pola súa banda, o delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, destacou o feito de que esta autonomía obteña un mellor Índice de Eficiencia Enerxética en relación á media nacional.


"As empresas están a poñerse as pilas", remarcou aludindo, ademais, ás actuacións a este respecto por parte de Gas Natural Fenosa.

relacionada Gas Natural promove a eficiencia enerxética entre os escolares
relacionada A Xunta lanza o primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas
relacionada O Goberno lembra á cidadanía "a necesidade de reducir o consumo enerxético"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE