Gas Natural promove a eficiencia enerxética entre os escolares

A compañía lanza un programa itinerante para máis de 36.000 alumnos de primaria e secundaria de toda España que durará catro anos.


|


FungasticGNF


Gas Natural Distribución, en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa, puxo en marcha un programa itinerante que promove "o coñecemento, a cultura e a concienciación do uso e o consumo responsable do gas natural". Na campaña participarán máis de 36.000 alumnos de primaria e secundaria de toda España durante os catro cursos que dura.


Tal e como imforma a compañía nun comunicado, o nome da campaña, Fungastic, fai mención aos tres eixos principais da proposta: a diversión, a aprendizaxe da enerxía do gas e as novas tecnoloxías aplicadas á educación.


METODOLOXÍA PARTICIPATIVA


O programa adapta ás distintas etapas educativas actividades deseñadas para "identificar o uso que se fai da enerxía, aprender a ser máis eficientes e adquirir coñecementos sobre o importante recurso natural e enerxético que é o gas natural". Trátase de propostas participativas, onde os escolares poden experimentar por si mesmos e poden interactuar cos contidos, de acordo coas novas metodoloxías educativas.


Ao rematar, a campaña continúa en forma de concurso de debuxo entre escolas e a través de Instagram, onde os alumnos "poderán demostrar os seus coñecementos sobre esta enerxía".


ACTIVIDADES E RETOS


As sesións estarán conducidas por educadores especializados e adaptadas ás idades. Así, os alumnos de 1º a 4º de primaria "aprenderán boas prácticas á hora de cociñar, tomarán conciencia do gasto e de como consumir con máis eficiencia", ademais de coñecer as vantaxes desta enerxía para a calidade do aire.


Os dous últimos cursos de primaria participarán nun "enigma en catro partes, estilo room scape, sobre a procedencia, transporte, usos e boas prácticas do gas natural". Para resolver este reto terán que utilizar novas tecnoloxías como teléfonos intelixentes ou lentes de realidade virtual.


No comunicado, a empresa destaca que a Fundación Gas Natural Fenosa, a través do seu Museo do Gas, ten unha "ampla experiencia en actividades educativas". Este centro cultural, inaugurado en 2012, conta un programa de actividades educativas para todas as idades nas que participaron máis de 56.000 alumnos e ao redor de 500.000 usuarios.


ESTE CURSO AÍNDA NON SE DESENVOLVERÁ EN GALICIA


Fungastic é un programa itinerante que percorrerá máis de 100 municipios españois durante catro cursos académicos. Ata xuño participarán no proxecto máis de 4.000 alumnos de Andalucía, Castela-A Mancha e Comunidad de Madrid, e nos seguintes cursos esta iniciativa chegará aos colexios de Castela e León, Catalunya, Comunidade Valenciana, Galicia, A Rioxa e Navarra.

relacionada A Xunta lanza o primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas
relacionada O Goberno lembra á cidadanía "a necesidade de reducir o consumo enerxético"
relacionada Gas Natural Fenosa lanza un plan nacional para persoas vulnerables

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE