Compromiso por Galicia rexeita a alianza con En Marea

Compromiso por Galicia non acuidrá ás eleccións europeas con En Marea nunha lista conxunta, tal e como propuxo Luís Villares. O portavoz de En Marea dixo que vía a CxG como unha "forza irmá". 


|

Compromiso por Galicia (CxG) non acuidrá ás eleccións europeas con En Marea nunha lista conxunta, tal e como propuxo Luís Villares. O portavoz de En Marea dixo que vía a CxG como unha "forza irmá". 


Luís Villares de En Marea

Luís Villares, portavoz de En Marea


Compromiso por Galicia (CxG) rexeitou este sábado a posibilidade de concorrer xunto con En Marea ás eleccións europeas de maio de 2019. "Somos unha formación seria", declarou o seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo, quen tamén lles suxeriu que "a política faise doutra forma máis digna".



Así respondeu, a través dun comunicado, á invitación estendida este xoves polo portavoz de En Marea, Luís Villares, quen dixo que vía a Compromiso por Galicia como unha "forza irmá".

"Vémonos hoxe na obrigación de responder as declaracións do señor Villares no relativo ás eleccións europeas, máis propia nas formas dunha organización xuvenil que do xefe da oposición no Parlamento galego", esgrime a formación a través dun comunicado. Neste sentigo, Compromiso por Galicia di que fai "unha política seria e clara". "Non nos gusta enganar e xogar coa ilusión dos galegos e galegas".

E é que, tal e como lembra a En Marea, eles "participan xa, de forma activa, na política europea" dentro da Coalición por Europa, "con Izaskun Bilbao como voz". Así, esgrimiron que as súas iniciativas están "moi lonxe" das postuladas polo partido instrumental en Europa: "Nós non defendemos a eliminación das vacinas, eles si".

"O señor Villares igual non coñece, pola súa incorporación posterior á política galega, que a filiación de Compromiso por Galicia decidiu por unha ampla marxe do 72 por cento ter un camiño propio na política galega, lonxe da confluencia", lembra Piñeiro Docampo, quen di tamén "ter clara" a reedición de 'Galeusca', unha iniciativa na que "xa traballan" con EAJ-PNV e o PDeCAT.

Así a todo, Compromiso por Galicia pide ao portavoz do partido instrumental "que non use" o seu nome na "guerra interna que vive En Marea" porque, continúa, "ese non é o camiño da política digna". "Tamén lle aclaro que non participamos en organizacións que dependen das decisións da Complutense. O noso espazo é único en Galicia", sentencia o seu secretario xeral.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE