As deputadas Lídia Senra e Vázquez Verao promoven unha plataforma contra a eucaliptización
A asociación por un sur de Lugo libre de eucalipto prevé constituírse o vindeiro venres 9 de novembro en Monforte de Lemos.
A asociación por un sur de Lugo libre de eucalipto prevé constituírse o vindeiro venres 9 de novembro en Monforte de Lemos.
Lídia Senra no Parlamento Europeo
A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal dá Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao, promoven a creación dunha plataforma por un sur de Lugo libre de eucaliptos. Esta iniciativa encádrase na loita contra a ecucaliptización, unha batalla na que as dúas políticas están moi comprometidas.
A reunión para constituír a plataforma terá lugar o vindeiro venres 9 de novembro ás 20:00 horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. A idea é crear unha asociación en defensa dos Distritos Forestais VII, VIII e IX para evitar a plantación de eucaliptos nesas zonas, chamando á súa vez a todas as asociacións e particulares para que acudan á cita. “Despois do incendio do ano pasado en Chavaga estamos a detectar plantacións de eucaliptos e hai intentos noutros lugares da comarca”, denuncian no comunicado.
“Se non actuamos estes Distritos Forestais poboaranse de eucaliptos, incumprindo os modelos silvícolas definidos pola Xunta que contemplan que nestes distritos non se plantarían eucaliptos”, aseguran as deputadas, que aposta por loitar contra esta problemática cun modelo “en harmonía coa agricultura e a gandería, rico en biodiversidade e sustentable”. Ademais, tanto Senra como Vázquez Verao advirten dos danos causados no castro de Chavanga polos traballos de retirada de madeira queimada.
“Os últimos datos recoñecidos pola Xunta, que son de 2016, tomados pola comisión do novo Plan Forestal como referencia e que indican que temos 330.000 hectáreas puras de eucalipto e outras 160.000 hectáreas de eucalipto mixto. En total, poderiamos estar a falar de 490.000 hectáreas de eucaliptos en Galicia”, advirte o comunicado, que sinala á Xunta como principal artífice desta sobrepoblación “por permitir o incumprimento das súas propias normativas”.
Escribe o teu comentario