eucaliptos

O rural, o rural tamén existe

Como podemos ver o abandono do rural por un número crecente de familias non é un fenómeno natural froito da modernización  senón que é o "efecto colateral" dunhas políticas públicas que apostan polos intereses do gran capital: si analizamos todas e cada unha das políticas citadas - eucaliptización, hospitocentrismo, privatización de servizos públicos, construción de grandes vías rápidas...- vemos que detrás de todos e cada un dos casos están os intereses das maiores fortunas -propietarios, directivos e accionistas de bancos, fondos de investimento, multinacionais, grandes construtoras....-. Arracando eucaliptos en Tourón  nunha acción de as brigadas deseucaliptazadoras 

Efecto chamada para plantar máis eucaliptos tras a moratoria nas plantacións, denuncia o SLG
O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal "advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impoñer unha moratoria na plantación de eucaliptos en Galicia", informa.
Centos de persoas protestan contra o eucalipto e por outro modelo forestal
Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego, da biodiversidade e en favor de "un rural vivo".
Plantar máis árbores autóctonas é máis barato e eficaz que gastar en apagar incendios, conclúen os expertos
Presentan medidas como primar o dispositivo público, acoutar o "caos forestal", recuperar avións de carga e máis coordinación e vixilancia
Estudantes erasmus arrincan acacias para plantar árbores autóctonas e froiteiras nun bosque galego

Novos de catro países unen os seus esforzos no monte galego para combater as acacias, ecualiptos e participar nos Fridays for Future

Plantar eucaliptos provoca que o nivel da auga baixe o dobre de rápido

Substituír pastos e cultivos por eucaliptos en terreos agrícolas é, ademais de ilegal, unha forma de acelerar as secas. Isto é o que se pode deducir duns varios estudos científicos realizados en Galicia e divulgados hoxe polos científicos da Sociedade Galega de Historia Natural.

Ana Seijas (En Marea): “Queremos un goberno de progreso en España, sen deixar atrás a Galicia"


Nesta entrevista electoral en Galiciapress, Ana Seijas Baranauskas (Compostela, 1973) estima que volverán ser "decisivos" para un goberno de progreso. Iso si, a Pedro Sánchez déixalle claro que un eventual apoio non será nunca un "cheque en branco". A actual viceportavoz de En Marea tamén destaca que nunca estarán supeditados aos intereses de forzas estatais, como Podemos e Esquerda Unida, outrora colaboradores e hoxe competidores. O feminismo, a transferencia da AP9 ou o vertedoiro de Lesta son outros temas desta conversación, a terceira na serie de entrevistas que está a publicar Galiciapress con cabezas de cartel para as eleccións xerais do #28A.


Centos de voluntarios arracan 205.000 eucaliptos para combater os incendios

A poucos días de que a primeira vaga de incendios consumise máis de 1.000 hectáreas, centos de galegos traballaron gratis durante horas no monte arracando 205.000 eucaliptos, a especie que está cada vez máis no punto de mira por facilitar a expansión do lume.

Voluntarios celebrarán o Día da Árbore arrincando eucaliptos e acacias en 10 montes

Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.

Narcos galegos investían en plantar eucaliptos para lavar o seu diñeiro negro
Unha investigación levou a intervir 111 hectáreas de terreo na Coruña e Lugo con altas expectativas de revalorización para os narcos
ENCE, contra as cordas por non readmitir ao transportista que agrediu a un ciclista cun martelo

A empresa madeireira ha recibido un comunicado por parte da Plataforma de Defensa do Transporte de Madeira de Galicia e Asturias onde advirten á compañía que deixarán de operar para a compañía se non readmiten ao transportista cesado por agredir a un ciclista.

As deputadas Lídia Senra e Vázquez Verao promoven unha plataforma contra a eucaliptización

A asociación por un sur de Lugo libre de eucalipto prevé constituírse o vindeiro venres 9 de novembro en Monforte de Lemos.

A conselleira do Medio Rural: "Os eucaliptos dan vida a Galicia"

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou que os novos convenios con concellos comezaranse a redactar a próxima semana. Vázquez negou expropiacións do Plan Forestal e declarou que "o eucalipto dá vida a Galicia". 


Máis de 1.000 árbores autóctonas substitúen a eucaliptos en Lousame

Este sábado, voluntarios participaron na primeira xornada dunha plantación colectiva para restaurar 10 hectáreas.

​Polo bosque autóctono e para "pararlle os pés ao eucalipto"

Un grupo de colectivos promove unha Iniciativa Lexislativa Popular, que recollerá firmas ata marzo.

Unha vintena de organizacións galegas piden vetar os eucaliptos nos fondos europeos

Reclamanlle á Comisión Europea control para evitar o emprego de fondos da UE para plantar eucaliptos "mesmo en espazos protexidos".

Eucaliptos e maleza deixan paso a especies autóctonas

O Concello de Santiago tallou árbores e rozou unha leira municipal próxima a edificacións.

O interese da pasteira portuguesa, incentivo para a "eucaliptización" de Galicia

O BNG urxe a potenciar "un monte racional e diversificado" e a impedir "nin unha soa hectárea nova de eucalipto".

Contra o eucalipto e os incendios forestais, frondosas e árbores froiteiras

O Concello de Ames estende un programa "pioneiro" que pretende servir de guía para outros puntos de Galicia.

O novo plan forestal de Galicia estará listo este verán

Feijóo anunciou a posta en marcha da Axencia Galega da Industria Forestal, un órgano centrado en facer o sector máis competitivo


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE