Centos de voluntarios arracan 205.000 eucaliptos para combater os incendios

A poucos días de que a primeira vaga de incendios consumise máis de 1.000 hectáreas, centos de galegos traballaron gratis durante horas no monte arracando 205.000 eucaliptos, a especie que está cada vez máis no punto de mira por facilitar a expansión do lume.


|

A poucos días de que a primeira vaga de incendios consumise máis de 1.000 hectáreas, centos de galegos traballaron gratis durante horas no monte arracando 205.000 eucaliptos, a especie que está cada vez máis no punto de mira por facilitar a expansión do lume.


Fixérono da man dunha coordinadora a favor do bosque galego, Cousas de Raíces. Este colectivo coordinou o traballo de ducias de asociacións ecoloxistas, comunidades de montes e universidades.



Arracando eucaliptos en Touron (10) brigadas deseucaliptazadoras cousa de raices

Voluntaria arracando eucaliptos en Tourón | Cousa de Raíces


En total, 306 voluntarios participaron na iniciativa os días 21 e 23 de marzo, ao fío do Día Mundial dos bosques. O movemento 'deseucaliptizador',  que comezou o ano pasado, segue crecendo. Mostra inequívoca de que polo menos unha parte da opinión pública está en contra das especies pirófilas que invaden cada vez máis espazos no monte galego.


Como mostra a táboa de resultados non só arrincáronse eucaliptos, senón tamén acacias negras e mimosas. Cousas de Raíces destaca que "estes exemplares de especies exóticas e invasoras deixarán de crecer no bosque galego e, por tanto, de crear impactos negativos sobre as especies autóctonas, a biodiversidade, o chan e a proliferación de incendios".


Voluntarios en ponche caldelas (1) cousa de raices brigadas deas eucalipto

Grupo de voluntarios en Ponte Caldelas | Cousas de Raíces


Tras a nova vaga de lumes forestais, desde a oposición reclámase á Xunta que tome medidas dunha vez e impulse outro modelo de explotación do monte. Cousas de Raíces tamén reclama a Alberto Nuñez Feijóo pasar das palabras aos feitos e "cambiar o modelo forestal" actuando contra as especies "foráneas e invasoras".


XUNTA INSISTE EN PLANTAR MÁIS EUCALIPTO

A pesar de que o propio borrador do novo plan forestal de la Xunta recoñecía que o eucalipto favorece os incendios, e mesmo propoñía limitalo nas zonas máis proclives aos lumes; finalmente o Goberno decidiu planificar máis


En concreto, a superficie prevista aumentará dede as 307.000 hectáreas de eucalipto actuais ata 332.000. Son 25.000 hectáreas máis sobre o aumento total  de 80.000 hectáreas previsto para o total de masa arborizada. É dicir, de cada dez novas hectáreas plantadas, tres serán de eucalipto.


Arrincando eucalitptos en Madroa cousa de raices

Voluntaria na Madroa | Cousa de Raíces



relacionada O incendio de Rianxo alcanzou tales proporcións que se puido ver desde o espazo
relacionada Veciños, profesionais e oposición critican á Xunta por non previr os incendios no inverno
relacionada O incendio de Rianxo obriga a desaloxar o instituto da localidade
relacionada (VÍDEOS) Lousame, Calvos de Randín, Burgo, Noia, Dodro…Multitude de incendios declarados en Galicia desde a fin de semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE