As plataformas, xunto a outros colectivos, asociacións veciñais e mancomunadas, celebrarán xornadas para a eliminación de plantas invasoras nos montes galegos.
A poucos días de que a primeira vaga de incendios consumise máis de 1.000 hectáreas, centos de galegos traballaron gratis durante horas no monte arracando 205.000 eucaliptos, a especie que está cada vez máis no punto de mira por facilitar a expansión do lume.
"Porque o peche do complexo é necesario para recuperar a ría, pero permitirá tamén cambiar a política forestal e poñer fin á eucaliptización", desde as plataformas convocan a toda a cidadanía a mobilizarse "en defensa do ben común e contra os privilexios empresariais" o vindeiro sábado.