incendios Galicia

Incendio forestal en vésperas de Nadal: sete focos queiman o parque natural de Ou Xurés
Un incendio forestal, iniciado con sete focos simultáneos, atópase activo este venres no parque natural de Ou Xurés, o municipio ourensán de Calvos de Randín.
Un incendio forestal case en decembro queima 20 hectáreas en Cerdedo (vídeo)

O cambio climático está a alongar a tempada de incendios cada vez máis. Afortunadamente esta noite entrará unha fronte que deixará choivas tras un novembro moi seco.

Nova norma obriga a manter limpas as leiras todo o ano para previr incendios en Galicia
O Goberno galego modifica a lei de prevención de incendios co fin de "clarificar" que a obrigación de xestionar a biomasa "esténdese a todo o ano", aínda que se mantén o mes de maio como data tope para ter terminadas estas tarefas de limpeza de parcelas das franxas de seguridade.
Parte dos galegos aceptan os incendios, di a Xunta á que a oposición critica por pasividade
Defensa do Monte tacha de "sociópatas" a aqueles que prenden lume a zonas "singulares" de Galicia como foi o caso do incendio de Ribas de Sil
Detido un sospeitoso de 17 incendios en 6 anos na Conlleira, Ribeira
Un home foi detido acusado de provocar un incendio forestal que afectou o municipio de Ribeira a finais do pasado mes de agosto. O lume foi intencionado e orixinouse, supostamente, mediante o uso dun chisqueiro.
Adeus a outro veterano na Xunta, cambia o responsable da loita contra incendios, Fernández-Couto

Sopran inesperados aires de renovación en San Caetano. Se hai unhas semanas dicía adeus o histórico Tahoces, responsable do sector eólico na era Feijóo, agora tócalle a outro cargo que estivo imputado no seu día, Fernández-Couto, responsable anti-incendios.


No haber de Fernández-Couto está coordinar con progresiva eficacia un dos maiores dispositivos anti-incendios do planeta. No seu debe, o ser incapaz de cambiar un modelo de uso do monte que contribúe ás cada vez máis masivas ondas de lumes forestais.



A brigada aerotransportada de Laza ten que ir en coche a apagar un lume porque segue sen helicóptero (vídeo)
Efectivos de extinción traballan a esta hora para tentar sufocar un incendio forestal rexistrado no municipio de Verín, en Ourense, que quedou estabilizado pasadas as 21,00 horas.
A brigada aerotransportada contra o lume está sen helicóptero, cando xa empeza a tempada de alto risco


De todos os activos de Galicia contra incendios, a BRIF de Laza é un de elementos máis importantes. Con todo, o verán xa está aquí e esta Brigada aerotransportada aínda non ten o seu helicóptero.

Voluntarios plantarán 1.500 árbores autóctonas en Galicia nunha zona arrasada polos incendios
Preto de 100.000 persoas sumáronse como voluntarios a unha campaña para reforestar cinco áreas de Andalucía, Cataluña, Galicia, Comunidad de Madrid e Comunidade Valenciana cunhas 15.000 árbores autóctonos de cada zona.
Plantar máis árbores autóctonas é máis barato e eficaz que gastar en apagar incendios, conclúen os expertos
Presentan medidas como primar o dispositivo público, acoutar o "caos forestal", recuperar avións de carga e máis coordinación e vixilancia
A nova vaga de incendios demostra que Galicia segue a mercé do tempo

A Galicia do millón de vacas é hoxe a das 300.000 hectáreas de eucalitpo, e subindo. Xa van 500 hectáreas queimadas en dous días pero o presidente da Xunta segue obviando as causas de fondo e poñendo o foco nos que prenden as chamas.

(Vídeos) O incendio de Fisterra achégase ás casas e obriga á Xunta a pedir a axuda do Exército
Un incendio forestal permanece activo no municipio coruñés de Fisterra, onde xa afectou a unha superficie dunhas 40 hectáreas. Segundo a información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse na parroquia de Sardiñeiro.
Precaución: máis do 80% de Galicia en risco extremo de incendio forestal
Case todo Galicia atópase este xoves en risco extremo de incendios forestal, xa que só na zona da Mariña de Lugo hai risco moderado.
(Vídeo) Activo un incendio forestal en Cartelle (Ourense)
Efectivos de extinción traballan este mércores na estabilización dun incendio forestal que permanece activo no municipio ourensán de Cartelle.
A loita contra os incendios podería quedar sen centos de brigadistas con décadas de experiencia
A Xunta asegura que a súa experiencia puntuará nas listas de contratación, polo que "parte ten moitas posibilidades de acceder"
(Vídeos) Varios incendios queiman 90 hectáreas, incluídas 30 nun lume sen controlar preto de Verín
Un incendio forestal permanece activo este martes no termo municipal de Verín (Ourense), onde queimou unhas 30 hectáreas de superficie.
A Xunta insiste en que hai medios suficientes pero hoxe arderon outras 100 hectáreas en Boiro

O conselleiro argumenta que o dispositivo é sufiente pero o certo é que moitos incendios seguen ardendo durante horas, como o que calcinou este venres case 100 hectáreas na Serra do Barbanza

Outro incendio forestal no Barbanza, agora en Boiro
Un incendio forestal permanece activo na mañá deste venres na parroquia de Lampón, no municipio coruñés de Boiro, tras queimar máis de 20 hectáreas.
Perito "de recoñecido prestixio" proba que o gran incendio de Rianxo-Dodro non xurdiu dunha torreta da luz
Naturgy asegura que a súa torre eléctrica non foi "causa nin orixe" do incendio forestal que queimou máis de 1.000 hectáreas nos concellos de Dodro e Rianxo (A Coruña).
O presidente culpa da vaga de lumes ao tempo e aos incendiarios
A Xunta reclamará o custo da extinción do incendio de Dodro e Rianxo se se confirma que o causou unha torre de alta tensión

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE