Un incendio forestal case en decembro queima 20 hectáreas en Cerdedo (vídeo)
O cambio climático está a alongar a tempada de incendios cada vez máis. Afortunadamente esta noite entrará unha fronte que deixará choivas tras un novembro moi seco.
O cambio climático está a alongar a tempada de incendios cada vez máis. Afortunadamente esta noite entrará unha fronte que deixará choivas tras un novembro moi seco.
O incendio forestal iniciado na tarde deste pasado martes no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade quedou controlado na mañá deste mércores tras afectar a máis de 20 hectáreas de superficie.
Imaxe da crtvg.gal
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume comezou ás 16,48 horas deste martes na parroquia de Corredoira e quedou controlado ás 8,30 horas deste mércores.
As últimas estimacións provisionais, que se revisarán coa luz do día, puntualiza Medio Rural, sitúan a superficie afectada por este lume en máis de 20 hectáreas.
Para o seu control mobilizáronse ata o momento dous técnicos, nove axentes, 19 brigadas, 11 motobombas e dúas pas.
Escribe o teu comentario