A brigada aerotransportada de Laza ten que ir en coche a apagar un lume porque segue sen helicóptero (vídeo)
O incendio de Ábedes en Verín está preto da autovía das Rías Baixas pero agora está controlado, segundo a Xunta, tras queimar 6 hectáreas
Efectivos de extinción traballan a esta hora para tentar sufocar un incendio forestal rexistrado no municipio de Verín, en Ourense, que quedou estabilizado pasadas as 21,00 horas.
A BRIF de Laza chegando ao inciendio en todoterreo en unha imaxe de Diario dun Bombeiro Twitter
Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, o lume afecta á parroquia de Ábedes e orixinouse sobre as 17,32 horas.
ATRASO NUNCA VISTO
Entre os medios despregados, polo menos onte, estivo a BRIF de Laza. Estes especialistas adoitan de ser dos primeiros en chegar aos incendios, apagando moitos antes de que se descontrolen, xa que viaxan en helicóptero. Con todo, onte tiveron que ir en coche, tardando máis.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica non logrou que os helicópteros cheguen a tempo da tempada de alto risco, que empezou onte, nin a Laza nin á veciña BRIF de Tabuyo (León). Galiciapress contactou onte co Ministerio para coñecer o motivo da tardanza, algo nunca visto segundo os operarios, sen recibir resposta por agora.
A estimación inicial da Xunta indica que o lume afecta a unhas seis hectáreas e está preto da A-52, aínda que de momento non existe perigo e evoluciona "favorablemente".
Escribe o teu comentario