Voluntarios plantarán 1.500 árbores autóctonas en Galicia nunha zona arrasada polos incendios
Preto de 100.000 persoas sumáronse como voluntarios a unha campaña para reforestar cinco áreas de Andalucía, Cataluña, Galicia, Comunidad de Madrid e Comunidade Valenciana cunhas 15.000 árbores autóctonos de cada zona.
As reforestacións de Galicia e Andalucía tratan de reverter os efectos dos incendios que calcinaron en 2017 o Concello das Neves e o Parque Nacional de Doñana.
Imaxe promocional de One Oak e o seu proxecto de reforestación
ESTE DOMINGO NAS NEVES
As próximas reforestacións terán lugar o sábado 16 de novembro en Madrid e o domingo 17 en Galicia, onde se plantarán 1.000 e 1.500 árbores respectivamente. Os interesados en participar pódense inscribir na páxina da internet de One Oak. Na Comunidade galega xa se plantaron outras 12.000 árbores en zonas afectadas polos graves incendios de 2017.
A iniciativa parte dunha 'start-up' de complementos sustentables que fixou o obxectivo de plantar unha árbore por cada produto que vende a través da súa páxina da internet.
O cofundador de One Oak, Guillermo Íñiguez, explicou que o propósito é "inspirar" a un gran número de persoas para que, xuntas, impulsen un "gran cambio que mellore a saúde do planeta" e engadiu que atoparon na moda sustentable unha plataforma próxima e divertida para facelo.
Escribe o teu comentario