A Xunta insiste en que hai medios suficientes pero hoxe arderon outras 100 hectáreas en Boiro

O conselleiro argumenta que o dispositivo é sufiente pero o certo é que moitos incendios seguen ardendo durante horas, como o que calcinou este venres case 100 hectáreas na Serra do Barbanza


|

O conselleiro argumenta que o dispositivo é sufiente pero o certo é que moitos incendios seguen ardendo durante horas, como o que calcinou este venres case 100 hectáreas na Serra do Barbanza, en Lampón (Boiro)


Eucaliptos incendio boiro

Eucaliptos ardendo en Boiro hoxe | crtvg twitter


A vaga de incendios desta semana deixa polo momento 73 lumes, dos cales "oito de cada dez son provocados" mentres había "vento nordeste", segundo informou este venres o conselleiro de Medio Rural, José González.


En declaracións aos medios, o conselleiro destacou o servizo "excepcional" de loita contra o lume en Galicia, que deu lugar a que dous terzos dos incendios quedasen en conatos de menos dunha hectárea, mentres "só un 4% pasaron das 25 hectáreas".


Preguntado se cre que é adecuado o operativo para esta época do ano, José González remarca que "é suficiente e adecuado". Apunta que agora mesmo hai 2.000 persoas e se se suman os grupos de emerxencia supramunicipal e da Axencia Galega de Emerxencia hai ata 3.000.

A modo de exemplo, explica que no lume de Dodro e Rianxo participaron un total de 615 efectivos, coa colaboración de UME, Protección Civil e Garda Civil, entre outros, así como un "número importante de medios materiais". Defende que son "todos os medios dos que dispón a Xunta".


QUEN PROVOCOU O INCENDIO DE RIANXO?

Respecto a as investigacións dos últimos lumes, González deixa claro que "quen provoca un lume ten que pagar", tanto "en consecuencias penais como custos do incendio". "Se se acredita o causante do incendio cobrarémoslle os custos de intención", di sobre a hipótese de que a causa do lume de Dodro e Rianxo fose unha faísca dunha torreta eléctrica, extremo negado por Naturgy.


Con todo, apunta que é "moi difícil coller aos incendiarios nas patacas", polo que resalta que é "fundamental a colaboración cidadá", mentres se traballa na activación dun teléfono de denuncias confidencial.


Noutra orde de cousas, o conselleiro informou de que se avanza na lei de recuperación e posta en valor da terra agraria para favorecer a mobilización de terreos abandonados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE