Precaución: máis do 80% de Galicia en risco extremo de incendio forestal
A vaga de incendios declarada esta mañá na zona de Noia - Barbanza, con casas desaloxadas en Portosín (Porto do Son)- e en Ourense pode ser só un avance do que vén encima se continúan as condicións climáticas actuais, sen choivas ao final do verán e importantes refachos de vento.
Case todo Galicia atópase este xoves en risco extremo de incendios forestal, xa que só na zona da Mariña de Lugo hai risco moderado.
Así figura no índice de risco diario de incendio forestal, que actualiza o perigo existente en Galicia cada día. Toda a provincia de Pontevedra, así como case toda a da Coruña e Pontevedra están en risco extremo, do mesmo xeito que a metade sur de Lugo.
Para establecer este risco téñense en conta factores como a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, das infraestruturas preventivas da masas arbóreas e do chan.
En concreto, Meteogalicia informa de que existe vento do nordeste este xoves, nunha xornada con temperaturas máis altas canto máis ao sur. Así mesmo, o anticiclón "continúa bloqueando a chegada de calquera borrasca a Galicia".
Todo iso, nunha xornada na que varios incendios afectan á zona do Barbanza e atópanse activos na provincia de Ourense, como o de 40 hectáreas que afecta o municipio de Cenlle.
Escribe o teu comentario