Outro incendio forestal no Barbanza, agora en Boiro
Un incendio forestal permanece activo na mañá deste venres na parroquia de Lampón, no municipio coruñés de Boiro, tras queimar máis de 20 hectáreas.
Aínda están quentes as cinzas do gran incendio que consumiu máis de 1.000 hectáreas en Rianxo e Dodro e xorde outro lume forestal a poucos quilómetros, en Boiro.
Un incendio forestal permanece activo na mañá deste venres na parroquia de Lampón, no municipio coruñés de Boiro, tras queimar máis de 80 hectáreas.
O incendio esta madrugada en Boiro
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume iniciouse ás 23,41 horas deste xoves e afecta, segundo as primeiras estimacións provisionais, a unha superficie de máis de 80 hectáreas.
No control deste incendio forestal traballan cinco axentes, cinco brigadas, tres motobombas e unha pa.
En 2017, houbo outro incendio xusto nesta mesma parroquia. Arderon entón 33,52 hectáreas.
2017, 2019... #IFLampónBoiro: outro IIFF que se repite. Que crueldade levan os hashtag algunhas veces. https://t.co/kaChsyrHVX
— Quique Pernas (@QuiquePernas) 29 de marzo de 2019
Escribe o teu comentario