Detido un sospeitoso de 17 incendios en 6 anos na Conlleira, Ribeira

Un home foi detido acusado de provocar un incendio forestal que afectou o municipio de Ribeira a finais do pasado mes de agosto. O lume foi intencionado e orixinouse, supostamente, mediante o uso dun chisqueiro.

|

J.M.B., alias “O Chosco”, de 51 anos, patriarca do poboado da Conlleira, foi detido hai uns días en relación aos frecuentes lumes na zona, segundo O Diario de Arousa.


Unidade de Investigaciu00f3n de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta nunha imaxe de arquivo

Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta nunha imaxe de arquivo 


Un home foi detido acusado de provocar un incendio forestal que afectou o municipio de Ribeira a finais do pasado mes de agosto. O lume foi intencionado e orixinouse, supostamente, mediante o uso dun chisqueiro.


DUCIAS DE LUMES NA MESMA ZONA

A investigación iniciouse o marco do dispositivo de vixilancia despregado o pasado agosto na Conlleira, debido á elevada incidencia de lumes rexistrados na zona (17 desde 2015).

As indagacións estiveron a cargo de axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración coa Policía Nacional e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO).


Por mor das pescudas logrouse deter a un home como presunto autor dun incendio intencionado que se produciu o pasado 31 de agosto na parroquia de Santa Uxía de Ribeira. Trátase dunha persoa reincidente e que xa fora arrestada en varias ocasións polo mesmo motivo.


AMEAZOU A UNHA NAVE CON PRODUTOS INFLAMABLES

O lume chegou a afectar a 3.400 metros cadrados, 3.000 de arboledo e 400 de monte raso, e a intervención dos efectivos de extinción evitou que as chamas alcanzasen vivendas e unha nave industrial contigua na que se almacenaban produtos inflamables.

As dilixencias polo ocorrido foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira. Na actual campaña antiincendios, un total de 31 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE