(VÍDEOS) Lousame, Calvos de Randín, Burgo, Noia, Dodro…Multitude de incendios declarados en Galicia desde a fin de semana
As imaxes dos incendios poboaron as redes sociais, mostrando en moitos casos a proximidade do lume a núcleos urbanos.
As imaxes dos incendios poboaron as redes sociais, mostrando en moitos casos a proximidade do lume a núcleos urbanos.
Os incendios deixaron de ser un mal estacional. O inicio da primavera está a ser particularmente cálido e as temperaturas seguen en aumento, un aspecto que beneficia aos incendiarios e xoga en contra das brigadas de extinción, que ven obrigadas a actuar antes de que empece tempada de risco, que vai de maio a outubro. O noroeste peninsular, con especial preocupación na comunidade galega, é a zona con máis risco de incendio, coas provincias de Pontevedra e A Coruña en risco moi alto ou extremo.
A isto hai que engadir que os incendios de onte, posiblemente provocados, declaráronse a partir das 20 horas. Sen luz natural, os equipos de extinción estivéronse enfrontando ao lume ao longo da noite, sen poder utilizar os equipos de extinción aéreos.
Tamén durante a fin de semana os equipos antiincendios tiveron que actuar de noite, como no incendio de Muras, en Lugo.
Os incendios están en moitos casos próximos a núcleos urbanos e os equipos de extinción están a facer todo o posible por sufocalos e evitar danos materiais.
Con tanto incendio nun época na que o habitual son a alternancia de choivas e tormentas primaverais con períodos anticiclónicos, as contas de información ven obrigadas a actualizar case cada minuto a situación de multitude de incendios.
Escribe o teu comentario