Estudantes erasmus arrincan acacias para plantar árbores autóctonas e froiteiras nun bosque galego

Novos de catro países unen os seus esforzos no monte galego para combater as acacias, ecualiptos e participar nos Fridays for Future


|

Mozos de catro países unen os seus esforzos no monte galego para combater as acacias, ecualiptos e participar nos Fridays for Future


Esta semana do 19 ao 27 de Maio tivo lugar o Intercambio Xuvenil “ Plant a tree, Grow hope” do programa Erasmus+ coa Asociación Sociocultural Ecolectivo.


Voluntarios erasmus arrincando acacias vigo castrelos



Segundo explican os organizadores, foi "unha semana de convivencia diversa, inclusiva e intercultural con 24 participantes de diferentes países". Novos de Romanía, Bulgaria, Grecia e España xuntáronse na cidade de Vigo para rexenerar unha zona mancomunal da parroquia de Castrelos, un terreo invadido por acacias. O obxectivo final é transformalo nun bosque autóctono e con árbores froiteiras, introducindo técnicas de agroflorestería.

.


Os estudantes erasmus recibiron ademais formación da situación dos bosques , abordando aspectos como os monocultivos e da expansión de especies invasoras en Galicia -como o eucalipto- e que solucións existen para crear novos ecosistemas.


Ademais, o venres 24 de maio uníronse á campaña mundial Mocidade polo Clima, limpando e recollendo o lixo da contorna do río Barxa, en nome do movemento internacional de Fridays for Future que está a acontecer paralelamente en 64 países do mundo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE