Voluntarios celebrarán o Día da Árbore arrincando eucaliptos e acacias en 10 montes
Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.
Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.
Cartel da iniciativa
PROMOTORES E LUGARES DAS XORNADAS
ADEGA, Couto da Eiriña, Verdegaia, Montescola e CMVMC de Froxán (Lousame), Oficina de Medio Ambiente de Universidade da Coruña, A Rente de Chan, Pladever, Fundación Eira, Proxecto Ríos, Amigos da Terra, CMVMC de Tourón (Melón), Asociación Vergasta, APDR, agrupación Arlequín, Proxecto MonTeis, CMVMC de Teis (Vigo), a CMVMC de Ponteareas e CMVMC de Carracedo (Caldas de Reis) son as entidades que xa confirmaron a súa participación.
A primeira xornada será o 21 en Monte da Fraga; e despois, o 23, serán en Monte de Riba (Agolada), Monte de Froxán (Lousame), Rebordelo (Cercedo-Cotobade), Ponte Caldelas (Grandín), Tourón (Melón), O Regueiriño (Pontevedra), A Picaroña (Ponteareas), Carracedo (Caldas de Reis) e A Madroa (Teis).
OBXECTIVOS
Os promotores informan que o obxectivo é promover a conservación de "os bosques galegos fronte ao impacto negativo e a expasión descontrolada de especies e plantas exóticas invasoras no país, como é o caso do eucalitpto e da acacia". Na súa opinión, estas especies, "contribúen a favorecer os incendios forestais", entre outras consecuencias negativas.
INCENDIOS E ENCE
A pesar de recoñecer o vínculo entre eucaliptos e incendios, o novo Plan Forestal da Xunta prevé a expansión desta especie, principal fonte de ingresos de boa parte do monte galego, pero cuxo impacto real está cada vez máis cuestionado, como proba o avance das brigadas de voluntarios.
Este anuncio de Cousas de Raíces chega nun momento no que eucalipto está de máxima actualidade. Esta árbore é a principal materia prima de ENCE. A empresa acaba de anunciar que para os seus investimentos en Pontevedra, en resposta á decisión do Goberno de cuestionar a prórroga á súa concesión, aprobada no seu día polo executivo en funcións de Mariano Rajoy.
Escribe o teu comentario