Unha cuestión que afecta en especial aos 34 municipios que máis padecen o lume, onde se atopan as 695 aldeas de 68 parroquias de toda Galicia consideradas de alto risco incendiario.
Nas imaxes captadas polo Sistema Copérnico da Unión Europea apréciase unha importante columna de fume que parte do fondo da Ría de Arousa e percorre, empuxada polo vento do noroeste, a costa ata penetrarse no Atlántico: A zona afectada por agora rolda as 900 hectáreas.
A tempada oficial de alto risco de incendios, cando hai máis medios para a extinción, adoita ir de xullo a principios de outono. Con todo, os incendios deste inverno e os do inicio desta primavera indican que xa non se trata dun problema estacional. Agora mesmo hai media ducia de incendios activos, que só durante o luns queimaron 280 hectáreas na provincia da Coruña, 200 delas en Dodro.
Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.
Veicar, cuxa sede foi rexistrada e cuxo coordinador de parque de bombeiros detido, acaba de fornecer a Medio Rural 11 camións contra os incendios. A Xustiza pediu os contratos con esta empresa a máis de 30 concellos.
Cada vez hai mais evidencias de que a década transcorrida dende que estourara a crise financeira (2008) foi unha década perdida para Galicia. Calquera avaliación que se faga a nivel económico, social, político, ambiental e cultural confirma que a situación hoxe non e mellor, senón incluso peor que fai unha década. Unha realidade que si afecta maiormente as clases de rendas medias e baixas –as clases populares- que son abrumadora maioría en Galicia tamén afecta ao país galego no seu conxunto. Galicia está, hoxe por hoxe peor situada no panorama español e internacional que fai unha década.
A Sociedade Galega de Historia Natural propúxose resolver o debate dos eucaliptos e o lume. "Fronte aos que afirman case que os eucaliptos arden por combustión esontánea e os que defenden a posición diametralmente oposta, o máis sensato é unha análise seria e rigorosa da información dispoñible".
62 especialistas compareceron na Comisión de de Investigación sobre os Incendios, que acaba de terminar. As súas opinións permiten albiscar porqué Galicia arde ano tras ano. E non, non é porque haxa ningunha trama incendiaria, como apuntou o presidente da Xunta. Presidente que, por certo, negouse a comparecer, como tamén se negaron os militares e o mesmo Delegado do Goberno.