Incendio forestal preto do hospital en Santiago e outro lume en Quiroga (vídeos)

Dous incendios forestais atópanse activos nos municipios de Santiago de Compostela e Quiroga (Lugo) este venres, nunha xornada na que existe un alto risco de incendio (IRDI) en boa parte de Galicia.

|

O lume de Compostela empezou á primeira hora da tarde e, aínda que está "moi preto das casas e do CHUS", segundo testemuñas presenciais, a Xunta indica que "non hai perigo" para os inmobles. Nin o da capital nin o de Valdeorras están por agora controlados.


Incendio de Santiago nunha imaxe de autor desconcido por agora e difundida por @Incendiosgalic1


Dous incendios forestais atópanse activos nos municipios de Santiago de Compostela e Quiroga (Lugo) este venres, nunha xornada na que existe un alto risco de incendio (IRDI) en boa parte de Galicia.


D254406a 8448 4cd9 ba25 7e4718afa39a

A fumareda era claramente visible desde a estrada de Vidán / E. P. H.


No caso da capital de Galicia, o lume estaba nunha zona próxima ao hospital Clínico, na parroquia de San Paio.




Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume iniciouse sobre as 16,40 horas e "non hai perigo" para casas, aínda que existen vivendas próximas.




Nas tarefas de extinción traballan unha avioneta , catro helicópteros, sete brigadas, catro motobombas e un axente.





VALDEORRAS

Pola súa banda, o lume en Quiroga declarouse ás 17,16 na parroquia de Vilar de Lor. Traballan dous helicópteros, un avión, oito brigadas, catro motobombas e dous axentes.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE