O alcalde de Porto do Son (A Coruña) alerta de que o lume está preto do as acasas e avanza sen control

O alcalde de Porto do Son (A Coruña), Luís Oujo, alerta de que o lume avanza "moi rapidamente" no municipio debido ao "forte vento".

|

Oujo advirte que a situación é similar á dun pasado incendio que "arrasou" o municipio


O alcalde de Porto do Son (A Coruña), Luís Oujo, alerta de que o lume avanza "moi rapidamente" no municipio debido ao "forte vento".


Coche queimado no incedio de Miu00f1ortos en Porto do Sen, concello de Porto do Son nunha imaxe de Protecciu00f3n Civil



ENCIMA DO NÚCLEO URBANO

En declaracións a Europa Press, o rexedor explica que tras iniciarse na parroquia de Miñortos xa chega á de Goiáns, "por encima do núcleo urbano de Portosín".

O lume declarouse ás 6,15 horas na parroquia de Miñortos. Polo momento sigue sen control e na última información actualizada da Consellería do Medio Rural xa queima 68 hectáreas.


CINCO MEDIOS AÉREOS

"A ver se somos capaces de controlalo porque o lume avanza moi rápido", subliña o alcalde, que indica que hai dúas aeronaves e tres helicópteros traballando na zona. Por iso, espera que se poida controlar antes de que chegue a noite e non poidan actuar os medios aéreos.

Polo momento, "non houbo que desaloxar a ninguén", mentres se espera a chegada da Unidade Militar de Emerxencias (UME) a partir das 13,00 horas. "Vai avanzando de norte a sur, é unha imaxe como a de 2006, que empezou nunha punta do concello e arrasou", lamenta.

Ademais, Oujo apunta que o lume chegou ata as inmediacións dunha nave industrial en Portosín, onde había un coche "que estaba medio abandonado", que resultou calcinado.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE