Eucaliptos, carballos ou piñeiros: que arde máis rápido?

A Sociedade Galega de Historia Natural propúxose resolver o debate dos eucaliptos e o lume. "Fronte aos que afirman case que os eucaliptos arden por combustión esontánea e os que defenden a posición diametralmente oposta, o máis sensato é unha análise seria e rigorosa da información dispoñible".


|

A Galega de Historia Natural propúxose resolver o debate dos eucaliptos e o lume. "Fronte aos que afirman case que os eucaliptos arden por combustión espontánea e os que defenden a posición diametralmente oposta, o máis sensato é unha análise seria e rigorosa da información dispoñible", explica no comunicado. 


Incendio de Cotobade (Pontevedra)

Incedio en Cotobade


Para valorar que hai de certo en cada postura, a SGHN recorreu a a Foto-guía de combustibles forestais de Galicia e comportamento de lume asociado (Arellano et ao.,2016). En condicións "intermedias", nun escenario de 20% de pendente e 30km/h de vento, "a menor velocidade de propación do lume -di o comunicado-, con diferenza, atópase nas carballeiras", onde se rexistra unha media de 6 metros por minuto


"Nos eucaliptais a velocidade é dúas veces maior (12m/min), e nos piñeirais entre tres e catro veces maior", explican. Así, a máxima velocidade de combustión prodúcese entre piñeiros, de 18 a 23 metros por minuto.


Os LUMES SECUNDARIOS

Mentres que nos terreos dominados polos carballos "nunca se detecta risco de que aparezan lumes secundarios", continúa a sociedade, nun 35-40% dos lumes en eucaliptales e piñeirais hai risco de que as faíscas e cinzas xeren lumes secundarios" a distancia.


Os piñeiros poderían producir segundos focos a medio quilómetro, e os eucaliptos poderían alcanzar zonas a 1,9 quilómetros de distancia. 


A Sociedade Galega de Historia Natural advirte que, nas condicións estudadas, os incendios en carballeiras pódense extinguir directamente nun 94% dos casos. Non así se podería actuar no caso dos piñeiros e os eucaliptos, onde "pola súa maior dificultade e riscos" é necesario recorrer a medios mecánicos. En bosques de castaños e bidueiros as condicións son similares ás dos carballos. 


AS MATOGUEIRAS

"Os defensores do eucalipto argumentan que en caso de incendios forestais son máis perigosas as matogueiras, pois a velocidade de propagación do lume nelas é maior, e a maior parte da superficie anualmente queimada en Galicia está cuberta por matogueira", expón a SGHN. 


Fronte a este argumentario, que di que os eucaliptos non supoñen un risco maior no norte da Coruña e Lugo -onde se concentra a metade da especie da nosa comunidade-, a asociación achega os datos do estudo, que indican que nas condicións contempladas anteriormente "o lume avanza a 35-40 metros por minuto en breixeiras, carqueixas e toxos, e a 56 metros por minuto en xestas", aínda que non se indica risco de incendios secundarios neste tipo de flora. 


O norte das provincias, efectivamente, rexistra menos incendios "pero iso non é porque haxa moitas plantacións de eucaliptos moi rendibles e supostamente moi ben xestionadas, senón grazas ás condicións climáticas", explican no comunicado. 


"Nos bosques de caducifolias autóctonas os incedios propáganse máis amodo e son máis fáciles de apagar", conclúen.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE