Centos de persoas protestan contra o eucalipto e por outro modelo forestal

Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego, da biodiversidade e en favor de "un rural vivo".

|

Manifestación en Santiago en defensa do monte galego

Centos de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en defensa da "rendibilidade e sustentabilidade social" do monte galego, da biodiversidade e en favor de "un rural vivo".



IMG 20191020 130719



Con estas palabras, o secratrio xeral da CIG, Paulo Carril, sintetizou o obxectivo da protesta que se celebrou hoxe na Alameda da capital galega, á que tamén acudiron organizacións ecoloxistas, sindicatos e personalidades políticas como Ana Pontón (BNG) ou Antón Sánchez (Anova).

Para os organizadores resulta "fundamental" modificar a "política forestal do PP" que, ao seu xuízo, está ao servizo da industria como a celusosa Ence e "en dretimento das explotacións agrarias ou gandeiras".

"No canto de apostar pola creacion de riqueza, emprego" ou a compatibilidade doutras actividades, a Xunta presenta un plan forestal " de forma oscurantista" e ás costas dos sectores sociais e económicos afectados, apostilou.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia a mesma liña que expoñen os sindicatos. Considera que a clave está en "cambiar as políticas" para "enfrontar o reto do cambio climático" e "crear oportunidades económicas" para Galicia.

Abandonar o plan forestal do PP, apostar por un monte multifuncional, recuperar especies autóctonas e producir madeiras de calidade son os catro alicerces que propón a representante nacionalista.

Ademais, tamén apuntou á loita contra os incendios forestais desde a prevención, nun contexto "de expansión do eucalipto", unha especie pirófita, e "con previsións da Xunta de seguir incrementando a súa superificie".

A nova política que reclamaron os participantes da manifestación ten tamén que ver con "unha xestión do ciclo da madeira" diferente, que dea lugar a recuperar o tecido industrial, porque "se corta moita madeira pero non se trata aquí", explicou Pontón respecto diso".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE