Senra: "Se Alcoa quere irse, que devolva todas as axudas"


En declaracións a Galiciapress, a eurodeputada insiste en que a empresa debe devolver o que se gañou grazas á tarifa eléctrica especial, que o Estado cifra en 1.000 millóns durante a última década.


|

En declaracións a Galiciapress, a eurodeputada insiste en que a empresa debe devolver o que se gañou grazas á tarifa eléctrica especial, que o Estado cifra en 1.000 millóns durante a última década.



A eurodeputada Lídia Senra.

Lida Senra


A  representante de Alternativa Galega de Esquerdas en Europa mostra o seu desacordo ante a afirmación de Alcoa de que non recibiu subvencións. "Din que non recibiu axudas cando estaba a pagar ao principio un terzo do prezo do que abona o consumidor normal?", pregúntase. 


Grazas a un sistema de poxas especiais, Alcoa paga o quilowatt a 4 céntimos, cando a industria en España págao normalmente a 9 céntimos.  A compañía considera que isto non son subvencións. O goberno do PSOE xa advertiu que vai "repensar" estas poxas se a corporación segue adiante cos peches.


Un sistema que para Senra é froito de "unha chantaxe permante" -Alcoa leva anos amagando con pechar factorías- que agora se converteu en  "unha auténtica tomadura de pelo". Ademais, lembra que as plantas de Alcoa son produto da "privatización dunha empresa que era pública". 


PRIVATIZACIÓN DE INESPAL

Tanto a fábrica herculina, como a de Avilés, que tamén vai pechar, eran propiedade de  Inespal, Industria Española do Aluminio, antiga filial do INI que se dedicaba a a fabricación de aluminio desde 1958. Ao comprala os norteamericanos, en Galicia  fixéronse coas industrias de A Coruña e San Cibrao (Lugo). A da Mariña é a maior e en principio vai seguir en funcionamento.


En opinión de Senra, o eventual peche de Alcoa A Coruña é produto da perversión dun sistema que permite ás multinacionais beneficiarse de axudas públicas e despois marcharse a outros lugares. "É intolerable que isto se facilite desde as administracións públicas, dándolles primeiro todas as facilidades, e despois cando absorveron recursos que son de todos, buscan outros sitios onde lles compensa máis porque se esixen outros niveis de garantías ambientais e sociais", argumenta. Ante isto, a eurodeputada reclama que "non se xogue cos traballadores e co país" e que "se Alcoa quere irse, devolva todas as axudas recibidas".  Pola súa banda, compromete meter "presión" á Comisión Europea para evitar situacións deste tipo. 


Ademais, Senra lembra que Alcoa dá beneficiosNos nove primeiros meses do exercicio Alcoa obtivo un beneficio neto atribuído de 184 millóns de dólares (160 millóns de euros), o que representa un descenso do 55,4% en comparación co mesmo intervalo de 2017, segundo recoñeceu a empresa hoxe nun comunicado, que destaca os 36 millóns perdidos no terceiro trimestre.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE