O termidor de En Marea: Viño vello en odres novos

Manoel Barbeitos
Economista

Logo de transcorridas algunhas xornadas, cando os ánimos seguramente están mais serenos e a mente mais fría, coido oportuno expoñer a miña visión do realmente sucedido no Plenario que En Marea celebrou o pasado 27 de outubro en que participei como inscrito. Anímame a facer estes comentarios o feito de que a información reflectida na maioría dos medios de comunicación e opinión de Galicia non se axusta ao que realmente aconteceu e, moito menos, ao seu significado político.



Plenario en marea votaciu00f3n


Para mellor entender o que realmente pasou téñanse en conta os seguintes feitos acontecidos:


Das practicamente 11 horas que durou o Plenario –contando a hora de descanso para a comida- so 2 horas, as últimas, se destinaron ao debate político, a análise e avaliación da acción política de EN MAREA sendo, xa que logo, o resto ocupado por debates orgánicos e burocráticos. Por certo tal debate político comezou as 7 da tarde cando practicamente todos/as os/as inscritos/as da autodenominada Mesa pola Confluencia tiñan abandonado o recinto. Deste xeito quedou en evidencia que o debate, por caso, sobre algo tan importante como o papel que En Marea pode desenvolver no Parlamento español, grazas ao novo escenario creado trala moción de censura que abriu paso o un goberno minoritario de PSOE, non interesaba a un sector presente no Plenario. Moito menos debater sobre unha “axenda galega” como insistentemente se ven pedindo dende o sector oficial (nucleado en torno a Luís Villares). Esta falta de interese por parte dos citados inscritos foi todo unha sinal de cómo, durante unha grande parte do Plenario, a vella política se impuxo a nova política.


Especialmente significativa foi a posición de PODEMOS, o grupo mais agresivo, por mais mozo, no Plenario. PODEMOS en Galicia segue a mesma liña que, por caso, en Catalunya e Valencia evidenciando como neste partido as posturas xacobinas priman sobre as soberanistas ou federalistas. Evidencia da que xa tivemos constancia no proceso de primarias que recentemente celebraron en Galicia onde e a pesares dos intentos, mais mediatices e publicistas que sinceros, de Carolina Bescansa quedou claramente de manifesto que PODEMOS carece dunha axenda galega, nin sequera dunha axenda. Unha carencia que estamos agora vendo no Parlamento español co gallo dos Orzamentos do Estado onde Galicia está ausente do seu discurso. Unha posición que lles leva a considerar a EN MAREA mais como unha opción rival que como unha aliada nunha alternativa unitaria. Si fora mais coherente con esa visión de EN MAREA, PODEMOS debera seguir en Galicia o seu camiño en solitario ou so coa muleta de ESQUERDA UNIDA.


En relación a esta forza histórica, nada novo. ESQUERDA UNIDA e, hoxe por hoxe, unha forza residual en Galicia que precisa de cobizarse baixo un paraugas alleo, como foi no seu momento EN MAREA, para así non desaparecer do panorama político galego. O que esta a suceder en Ferrol, coa candidatura FERROL EN COMÚN, con tódalas papeletas para perdela alcaldía e pasar a ser unha forza minoritaria de 2 ou 3 concelleiros como moito, é unha proba das enormes dificultades que teñen os seus afiliados para perder vellas prácticas que, si poden ser eficaces para gañar asembleas, son nocivas tanto para proxectos unitarios como para a consecución de proxectos políticos amplos. O seu futuro en Galicia está encadeado ao rumbo que escolla PODEMOS.


Poida que o mais sorprendente deste Plenario sexa a confirmación das reviravoltas en que se manexa ANOVA. Como senón interpretar a súa última e sorprendente alianza con PODEMOS a quen, ata non fai moito, consideraba como un grande atranco para calquera proxecto soberanista en Galicia?. Como entender que os seus representantes no Plenario defendan documentos e teses elaborados por PODEMOS?. Como non sorprenderse diante desta falta de discurso propio que, por caso, levounos a estar ausentes do debate político e deixar así de reclamar unha axenda propia de EN MAREA no Parlamento español?. Menos sorprendente resulta o súa defensa cantonalista das grandes cidades –en definitiva favorecer os seus feudos de A Coruña e Compostela- fronte a conxunto de vilas galegas a pesar de que as de pequena dimensión son maioría en Galicia. Velaí a súa forte resistencia a que A Coordinadora de EN MAREA estivera creando mareas municipalistas que, loxicamente, foxen do control e liderado das grandes mareas urbanas para reivindicar a súa propia autonomía para así quedar fora do control de partidos como, por caso, ANOVA. O que realmente hai detrás de este planteamento é o intento desesperado de ANOVA de medrar como partido político galego a partir de COMPOSTELA ABERTA E MAREA ATLANTICA.


O Plenario tamén deixou outras lecturas. Por caso que os membros da actual COORDINADORA de En Marea –con Luís Villares ao fronte- pecan de certa inxenuidade política froito dunha boa fe e unha honestidade a proba de bombas. Principios estes que si son imprescindibles para un proxecto como En Marea non resultan suficientes cando te enfrontas a partidos políticos nos que habitan vellas gardas, rebotadas de mil lugares, con longa experiencia en prácticas políticas subterráneas así como no manexo interesado de eventos como grandes asembleas especialmente si estas son de carácter moi aberto como o Plenario de En Marea. Lembremos que neste órgano participan os inscritos, que ven sendo toda persoa que formaliza a inscrición no censo. Os/as villaristas deberan lerse algún que outro manual de cómo se “manexan” este tipo de eventos para así evitar que, por caso, se produzan golpes de mano como foi o cambio da mesa que dirixía o Plenario que posibilitou que de votacións moi igualadas se pasara a votacións claramente favorables aos partidos da Confluencia.


Resulta indiscutible que logo do Plenario do 27 de outubro o proxecto orixinal de EN MAREA queda moi, moi tocado. Non so pola debilidade en que quedaron os que actualmente a dirixen (Luís Villares e os seus acompañantes), ou polo baixo activismo dos non partidarios, ou pola lamentable imaxe pública que chegou a moitos cidadáns galegos, senón tamén por que polo camiño aprobáronse unha serie de emendas que cuestionan as esencias do proxecto orixinal e camiñan na dirección de converter a EN MAREA nunha organización partidaria clásica. Por caso abrila porta a existencia de liberados (“que hai do meu?”), favorecer as agrupacións (“mareas”) urbanas fronte a solidariedade entre todas (urbanas e rurais), primar o peso dos partidos políticos na participación,…. decisións todas elas que van encamiñadas a que os partidos políticos que a integran controlen a participación e a toma de decisións nas eleccións internas para así logo repartirse, por caso, os escanos, os postos directivos, os liberados, etc. Pero para min aínda resulta mais grave que, logo deste Plenario, séguese votando en falta un proxecto político global e sectorial que, asumido por todas, defina a EN MAREA como unha opción que aspira decididamente a gobernar en Galicia. Unha realidade que parece confirmar que EN MAREA finalmente está punto de caer no que xa están instalados a maioría dos partidos políticos para os que os valores, as ideas….. xa non serven, non son útiles. O que conta e o poder e como se reparte.


Pero que se coiden os termidorianos. Si algo está claro hoxe en día e que en política, como na vida en xeral, todo é cada vez mais volátil. Que as alianzas de hoxe poden ser traizóns de mañá. Que o que hoxe denominan unha Mesa pola confluencia pronto pode ser un gaiola de grilos. Basten dous datos: nas ultimas eleccións autonómicas e xerais EN MAREA sacou 14 e 5 deputados respectivamente. Hoxe, apenas dos anos despois, cantos sacaría?. As propias alcaldías mais relevantes (O Ferrol, A Coruña, Vigo), teñen hoxe garantida a conservación?. Poden garantir os termidorianos que cos seus modos e estratexias conservaran, no mellor dos casos, esta presenza?.


Como dicía antes: as situacións son moi volatis e En Marea non é unha excepción. No Plenario tamén quedou claro que non son poucos os que apostan polo proxecto orixinal de EN MAREA –defeito na primeira votación so houbo unha diferenza de 2 votos- que, hoxe por hoxe, lidera Luís Villares o grande derrotado do Plenario. Derrotado que non vencido por mor do ampla base que o apoia. Algo que non ten ningún outro dirixente no espazo de EN MAREA. Algo que ninguén debera desprezar nin, moito menos, esquecer.


Finalmente e en clave de política galega, non cabe dúbidas que logo do que pasou neste Plenario, Alberto Núñez Feijóo pode durmir aínda mais tranquilo. O camiño deica unha nova maioría nas eleccións autonómicas do 2010 está moito mais despexado. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE