Os gandeiros galegos denuncian unha imposición unilateral de prezos por parte da industria que, segundo din, ameaza co peche de centos de explotacións nos próximos catro meses. Mentres tanto, as importacións de leite a baixo custo desde Francia e Portugal substitúen as carencias que non cobren as explotacións galegas.
Tras décadas de complexas negociacións, o tratado comercial entre a Unión Europea e o bloque do Mercosur atópase nun punto crítico da súa historia. Entre a paralización xudicial e a presión constante das "tractoradas", o pacto que aspira a crear a maior zona de libre comercio do mundo debátese hoxe entre as promesas de expansión industrial e o temor fundado á ruína de miles de explotacións agrogandeiras en Galicia e o resto de España
Terá que superar un tenso proceso de ratificación para a súa aplicación definitiva
Os incendios forestais do pasado verán tamén se cebaron coas reservas de forraxe de moitos gandeiros. Púñase en perigo o sustento do gando, sobre todo en extensivo. Foron varias as asociacións, sindicatos agrarios e cooperativas do occidente galego as que doaron pacas de forraxe para evitar incluso o peche de explotacións.
Adrián Riádigos é o portavoz da Plataforma Gandeiros e Gandeiras ELES ELAS. Esta plataforma estivo presente nas protestas celebradas hai uns días en Ourense e que pedían a non ratificación da tratado UE-Mercosur. Tal como conta Adrián Riádigos, a plataforma nace do hartazgo ante as politicas da Xunta de Galicia coas axudas agrarias, políticas que consideran arbitrarias e desmovilizadoras do sector. Vinculóuselles a Vox debido a unha serie de vídeos subidos a redes sociais pero Riádigos desmente este punto: "aproveitáronse das nosas protestas para sacar rédito político con esas imaxes"
Porco celta/EPO porco celta mantense alleo á caída de prezos que si sofre o resto de produtores de porco en Galicia a raíz do efecto no mercado que supuxo a detección de casos de peste porcina africana en xabarís en Barcelona.En declaracións a Europa Press, o director técnico da asociación de criadores de raza porcina celta (Asoporcel), Iván Rodríguez, destaca que o prezo da carne de porco celta segue máis alto que a do porco e continúa a previsión dunha maior demanda en datas do Nadal.No medio de accións de promoción con motivo da época de cocidos e o nadal, e coa vista xa posta tamén nos entroidos, os produtores de porco celta, 137 gandarías cuns 4.000 animais con datos a decembro de 2024, ven con "preocupación" o brote de peste porcina, pero tamén fan un chamamento "á calma".Neste sentido, Rodríguez traslada que hai operadores "angustiados" e traballando "contrarreloxo" porque se está "consumindo moi ben o produto", por exemplo en comidas e ceas de traballo, co cal os sacrificios se fan "todas as semanas", cando normalmente é unha si e unha non, de media."TOQUEMOS MADEIRA""Por agora" o sector "non se resente" pola crise da peste porcina, constata, mentres 'toca madeira'.
María Ferreiro é a nova secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, elixida no IX Congreso do sindicato celebrado en Lalín o pasado 29 de novembro. Gandeira preocupada polo devir do rural, aposta por novas políticas capaces de axudar a manter poboación no campo e para iso reclama aumentar os servizos dentro do ámbito rural para evitar tamén o peche de explotacións. A aparición da peste porcina preocúpalle porque é un exemplo de como poden reaparecer enfermidades que se consideraban erradicadas e aposta pola prevención.
A conselleira lembra que o foco está "moi localizado" en Xirona: "Todas as precaucións son poucas para evitar que se estenda desde Cataluña ao resto de España"
A vontade de resistir reunirá máis apoios, moitas máis vontades, vaiamos no tren rápido das masas ou no máis modesto vehículo de máximos.
O desapego ao territorio no que vivimos, máis lonxe ou máis preto, determina como tratamos ao mesmo. Este trato tradúcese na resposta que ese territorio nos dá no noso día a día. Podemos ver o territorio como un espazo só para a extracción e leste devólvenos espazos estériles. Tamén podemos ver o territorio como un espazo en branco sobre o que actuar de forma que obteñamos froitos a longo prazo pensando en xeracións futuras. Diso trata o traballo Agenciamientos Ecolóxicos. Arte e gobernanza na era da crise climática
O Goberno galego pretende actuar naquelas zonas onde os ataques son "continuados": "Non queremos ir máis aló".
Os produtores agroalimentarios galegos seguen con interese e temor a aplicación dos aranceis de Trump ás exportacións. O sector agrogandeiro tenta analizar tanto o freo ás exportacións como a porta aberta ás importacións que son os acordos con Mercosur segundo algúns. Algúns produtos veranse máis prexudicados que outros e as dúbidas sobre a procura e apertura de novas vías de exportación ofrecen máis dúbidas que certezas
A borrasca Kirk deixou os campos de millo arruinados en moitas partes. A comarca da Limia aínda estaba recolectanto pataca e unha parte da produción está en terreos alagados pola auga. Todo isto pon en risco a produción forraxeira para alimentar ao gando ademais da incerteza sobre os prezos de leite e carne
En Estados Unidos hai un contaxiado que non tivo contacto con vacas, polo que se sospeita que o virus da gripe aviaria ha logrado mutar para transmitir entre humanos, tras pasar de aves ao gando bovino.
Unións Agrarias lembrou que o próximo 8 de setembro finaliza a prórroga que permite o movemento de animais sen estar vacinados contra a doenza da lingua azul, polo que todas as explotacións que teñan animais afectos pola EHE e por tanto "non poidan vacinar" contra a lingua azul, "quedarán bloqueadas semanas coas perdas"
Paula Jarque, gandeira en Vilariño de Conso xunto á súa parella Antonio Tucci, atende a Galiciapress para achegarnos a realidade daqueles que enfrontan ás macrogranxas e a contaminación, dun modelo de gandería que parecía abandonado pero que pequenas explotacións como a súa resístense a deixar morrer. Na Gandería Val do Conso tratan de desmontar o argumentario de que toda gandería é prexudicial para o medio.
Contaminan o chan, contaminan a auga e logo exportan esta carne de mala calidade destes animais maltratados”- non só están en liña co pensamento científico que puxo en evidencia como a gandería industrial é un modelo depredador de recursos naturais, que tanto esgota como contamina os recursos hídricos, que é enormemente dependente de insumos que están a provocar a deforestación de grandes áreas naturais como a Amazonia, que pola mala calidade dos seus produtos afecta á saúde humana e que arrasa coas pequenas e medianas explotacións gandeiras que son maioría no sector -senón que ademais concordan coa liña política que a Unión Europea ben defendendo con relación as macrogranjas- a Unión Europea vén de levar a España diante do Tribunal de Xustiza da UE (TJUE) por non controlar a contaminación provocada polas macrogranjas.