Non haberá granxas de máis de 7.000 vacas, indica o delegado do Goberno, ao fío do debate sobre as macrogranxas

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que o Executivo estatal mostra "a través do Boletín Oficial do Estado" (BOE) o seu compromiso cunha gandería "máis sostible".

|

En Galicia non existen macroexplotacions de vacún, pero si de porcos, especialmente na Limia, o que contribuen aos problemas hídricos no sur de Ourense.


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comparece ante os medios en Santaigo de Compostela

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que o Executivo estatal mostra "a través do Boletín Oficial do Estado" (BOE) o seu compromiso cunha gandería "máis sostible".

Así se pronunciou este venres ao ser preguntado nun almorzo informativo ofrecido en Santiago de Compostela por a polémica xurdida por mor dunhas declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, sobre o sector da carne e as críticas realizadas por parte do Partido Popular.

"POLÍTICA DE FEITOS"
Miñones, que considerou necesario "menos ruído" e "máis xestión", subliñou que o Goberno fala "a través do BOE". "Non imos a esa política de declaracións, senón que é unha política de feitos e aí témolo claro, como se demostra no BOE coa publicación continua de regulacións" orientadas a "unha gandería máis sostible".

Entre outras medidas, lembrou que esta semana se aprobou a exposición pública do Real Decreto para o sector lácteo que fixa na cadea alimentaria criterios para que os "gandeiros non sexan prexudicados polas perdas.

PLAN CONTRA AS MACROGRANXAS
"Aí é onde temos que seguir actuando", sostivo Miñones, que puxo en valor tamén a intención do Executivo estatal de limitar a unhas 700 as reses nas explotacións de vacún, fronte ás propostas de granxas con ata "20.000 vacas".

"É a liña de traballo que temos que estar a facer, a liña do BOE", indicou para asegurar que os gandeiros saben que o Goberno os "apoia", que está coa "gandería o día a día" e que tamén o fai con "investimentos" e "feitos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE