Ecoloxistas en Acción denunciou a instalación dunha macrogranxa con 2.000 porcos a 350 metros dun núcleo de vivendas en Silleda (Pontevedra), unha infraestrutura que, segundo a Xunta, cumpre toda a normativa
Contaminan o chan, contaminan a auga e logo exportan esta carne de mala calidade destes animais maltratados”- non só están en liña co pensamento científico que puxo en evidencia como a gandería industrial é un modelo depredador de recursos naturais, que tanto esgota como contamina os recursos hídricos, que é enormemente dependente de insumos que están a provocar a deforestación de grandes áreas naturais como a Amazonia, que pola mala calidade dos seus produtos afecta á saúde humana e que arrasa coas pequenas e medianas explotacións gandeiras que son maioría no sector -senón que ademais concordan coa liña política que a Unión Europea ben defendendo con relación as macrogranjas- a Unión Europea vén de levar a España diante do Tribunal de Xustiza da UE (TJUE) por non controlar a contaminación provocada polas macrogranjas.