Morre un operario nas obras da AVE en San Cribao dás Viñas e outro traballador resulta ferido

O accidente, cunha plataforma elevadora, tivo lugar ao redor das 10 horas nas obras da variante exterior do tren de alta velocidade ao seu paso polo municipio ourensán. 

 


|

Obras ave
Foto de arquivo de obras da AVE

 

Un traballador perdeu a vida e outro resultou ferido ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora nas obras da variante exterior da AVE en San Cibrao das Viñas (Ourense).
 


Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 10.00 horas deste martes e foi un particular o que deu a voz de alarma e explicou que un operario quedou atrapado por unha peza da maquinaria cando traballaba nun elevador.

A central de emerxencias deu alertou aos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e ao GES do Pereiro de Aguiar.
 

Obras ave
Foto de arquivo de obras da AVE


Unha vez no punto, os bombeiros tiveron que intervir para liberar o corpo do falecido, que quedou atrapado tras o accidente coa plataforma elevadora. Ademais, os servizos sanitarios confirmaron que outro operario sufriu unha lesión nunha perna.
 


O suceso, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, non afecta, polo momento, á circulación de trens.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE