O SERGAS nomea a Roberto Devesa novo subdirector de Atención Primaria da área de Vigo

|

Devesa, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, incorporouse este martes ao seu novo posto. 


No seu expediente destaca o seu percorrido como xefe do servizo de Atención Primaria en Redondela .

 Roberto Devesa, sudirector de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo.


O médico de familia Roberto Devesa González incorporouse este martes á súa nova responsabilidade como subdirector de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Devesa é especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e, nos últimos dous anos, estivo traballando como xefe do servizo de Atención Primaria en Redondela.

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, iniciou a súa traxectoria profesional en Urxencias Sanitarias de Galicia-061, onde (ademais da actividade asistencial) ocupou diversos cargos como médico coordinador e xefe de sala.

Posteriormente, desenvolveu a súa actividade como médico de familia do centro de saúde de Redondela, antes de ocupar a xefatura dese servizo de Atención Primaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress