Revolcón demoscópico en Galicia: Vox adianta ao BNG e o PSOE ao PP
Resultados moi sorprendentes no último barómetro de 40db sobre unhas eleccións xerais en Galicia. Uns números que, ademais, que apenas cadran coas tendencias observadas a nivel España.
En Galicia, pola dereita, o PPdeG pega un bajón enorme, que o pon a tiro dun Vox que adianta a un Bloque que se esborralla. Pola esquerda, o PSdeG ascende converter na forza preferida.
O único que cuadra entre as tendencias observadas en Galicia e as observadas en España é o ascenso da ultradereita nacionalista española.
Vox sobe medio punto até situar por vez primeira por encima do 15% en Galicia. É unha porcentaxe aínda inferior á intención de voto a nivel estatal, 17%, pero non moi distante. Tanto en Galicia como en España, os ultranacionalistas españois pechan un 2025 magnífico no demoscópico.
Son o único partido que mostrou unha tendencia sólida á alza, case sen interrupción. No principio do ano a súa melloría foi algo máis tímida, suponse polo rexeitamento das políticas de Trump contra Europa nos primeiros meses de lexislatura do americano, pero parece que ese impacto foi amortizado. Iso si á espera de como se tome o electorado a intervención e posterior pacto co chavismo en Venezuela (a recollida de campo é inmediatamente anterior ao secuestro de Nicolás Maduro).
O ascenso de Vox en Galicia está a producirse en parte a costa do PPdeG, unha tendencia que tamén se aprecia a nivel estatal, pero en menor grao.
O barómetro de decembro é moi malo para os conservadores galegos, pero hai que ter en conta que se produce ao mesmo tempo que unha alza do caixón de xastre de “votos en branco, indecisos e abstencións”. Historicamente, o voto oculto en Galicia pertence ao PPdeG. Ademais, os ‘populares’ terminan o ano máis ou menos nos mesmos niveis que o empezaron, en torno ao 18%. Agora ben, está cada vez máis claro que se antes non tiñan ningún competidor electoral viable pola dereita, agora si.
window.addEventListener("message",function(a){if(void 0!==a.data["datawrapper-height"]){var e=document.querySelectorAll("iframe");for(var t in a.data["datawrapper-height"])for(var r,i=0;r=e[i];i++)if(r.contentWindow===a.source){var d=a.data["datawrapper-height"][t]+"px";r.style.height=d}}});
Pola esquerda, as cifras son un misterio. En primeiro lugar, pola moi sorprendente subida do #PSdeG até case o 26%, que o sitúa outra vez por diante do PPdeG. Este ascenso prodúcese xusto despois do estalido do caso Tomei por presunto acoso sexual por parte do ex-presidente da Deputación de Lugo. Ademais, a tendencia xeral recente dun PSOE asediado por casos de presunta corrupción é á baixa en España, coa perda de case un punto no último barómetro.
Se a subida socialista non fose xa pouco sorprendente, máis difícil de entender é o do BNG. Os de Ana Pontón e Nestor Rego cultivan un esborralle histórico do Bloque, pierdem 6 puntos en intención de voto en só un mes. Isto sucede sen que, en aparencia, haxa ningún factor externo que lastre a imaxe pública dos nacionalistas. Sexa como fose, cultivan o seu peor resultado do ano, por vez primeira caen por baixo do 11%.
O descenso dos nacionalistas galegos de dá, ademais, sen que os seus principais competidores polo voto á esquerda do PSOE -Sumar e Podemos- experimenten alzas importantes. Certo é que ambos ascenden timidamente, pero as súas porcentaxes de intención de voto seguen sendo case ínfimos. Na práctica, ningún dos dous ten opcións agora mesmo de entrar na pelexa polos escanos en ningunha provincia, cos azamboados no 2,5% e os de Yolanda Díaz no 3,8%. A súa situación non é moito mellor a nivel España, 3,5% e 5,9% respectivamente.
Así as cousas , o escenario que debuxa esta enquisa apunta a un goberno das dereitas en Moncloa, liderado por un Alberto Nuñez Feijóo que tería que, iso si, pactar con Vox.
Os maiores cambios respecto das anteriores eleccións xerais é que o PSOE perdería case o 30 por cento dos seus votantes, unha cuarta parte dos de Sumar iríanse a Podemos e Vox crecería sobre todo grazas a votantes do PP (o 13% pasarían a Abascal) e abstencionistas.
A esperanza para a esquerda pasaría por recuperar aos votantes dos anteriores comicios que agora apostan pola abstención ou se mostran indecisos, unha hipotética unión electoral entre Podemos e Sumar e a renuncia destas forzas a presentar nas circunscricións pequenas, como Ourense e Lugo, onde non teñen ningunha opción de sacar unha acta. Con todo, dado o exiguo da maioría de esquerdas actual no Congreso, nin sequera con estes cambios parece que se poida pór en perigo un goberno das dereitas.
Escribe o teu comentario