Exportacións a EEUU: produtos galegos e xeopolítica

Os produtores agroalimentarios galegos seguen con interese e temor a aplicación dos aranceis de Trump ás exportacións. O sector agrogandeiro tenta analizar tanto o freo ás exportacións como a porta aberta ás importacións que son os acordos con Mercosur segundo algúns. Algúns produtos veranse máis prexudicados que outros e as dúbidas sobre a procura e apertura de novas vías de exportación ofrecen máis dúbidas que certezas


|

Archivo - Recogida de cereales.
Arquivo - Recollida de cereais.

 

As exportacións agroalimentarias galegas a Estados Unidos enfróntanse a un panorama complicado debido á recente decisión do goberno estadounidense de impor aranceis do 25% en produtos agrarios. Os primeiros en ver estas taxas impositivas foron Canadá e México, esta decisión entrará en vigor o 2 de abril de 2025. Mentres tanto, a UE permanece expectante baixo a espada de Damocles impositiva deseñada polo país das barras e estrelas. E isto inclúe ás catro provincias galegas e o seu pequeno pero á vez importante comercio coa gran potencia norteamericana.


 

UN PAR DE VISIÓNS

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (#SLG) Isabel Vilalba, visualiza a situación como unha estratexia á hora de facer xeopolítica. Está a usarse como moeda de cambio a alimentación das persoas fronte a intereses estratéxicos comerciais e políticos. Desta forma, considera as negociacións con Mercosur unha vía de entrada para elementos que se producen en Galicia como carne, mel ou leguminosas.

 

Isabel Vilalba ve con preocupación a actitude do goberno autonómico galego que nestes momentos, por exemplo, “non activou solucións para as perdas en 'faba de Lourenzá'”, mentres que se permite a entrada a equivalentes suramericanos. Unha medida que para o SLG non é ningunha solución, ao revés.

 

Roberto García, secretario xeral do Unións Agrarias (UU.AA) ve aos aranceis norteamericanos como unha “arma de negociación”. EEUU estaría a buscar os puntos débiles dos seus “opoñentes” realizando un exercicio de tira e afrouxa non sen risco para a propia economía norteamericana que, fracase ou non, deixaría moi tocados á maioría de sectores produtivos que Trump di protexer. Aínda así, García insiste na necesidade de non mostrar debilidade ante EEUU se non se quere entrar no seu xogo.


 

NOVOS MERCADOS, SEGURO?

O sector do viño é o que máis se resentiría, como xa apuntaba Galicia Press, cunhas perdas millonarias para todas as DO e todas as variantes de uva. E é que ademais, segundo o informe 'A relevancia do sector vitivinícola en Galicia', a actividade ligada á uva supón o 1.4% de PIB galego e dá emprego ao 1.5% da man de obra na comunidade. Por outra banda, o sector da carne podería ver tamén alterado aínda que Galicia nestes momentos ocupa o terceiro lugar na produción de carne de vacún.

 

O que parece preocupar a parte do sector agroalimentario galego é a “teórica” aparición de novos clientes coa apertura das fronteiras Mercosur. Con todo, o temor aparece cando no horizonte aparecen produtos máis baratos que os producidos “en casa”. Isto reflíctese na permisividad respecto ao uso de fitosanitarios que a UE prohibiu pero Mercosur non. A carne galega tería un enorme competidor na produción cárnica brasileira.
 

En EEUU úsanse de forma intensiva produtos sanitarios, praguicidas e outros elementos que a UE prohibiu. Isto abre as portas ao desexo-orde de Trump aos seus granxeiros e agricultores: “producir sen límites”. Ao final, nin sequera as proteccións aduaneiras poderán facer o suficiente para impedir a entrada a elementos como millo ou outros grans vindos de Arxentina ou Bolivia. Con iso poderíase estar a alimentar ao gando galego mediante pensos tratados previamente con pesticidas e outros químicos que a Unión Europea desaconsella.

 

Aínda que os aranceis do 25% anunciados non se aplican directamente aos produtos españois e por extensión aos galegos, elementos como as conservas, o queixo e a carne poidan verse afectados a medio prazo. É por iso que, aínda que a Xunta fale dunha gran oportunidade para as exportacións con Mercosur, o temor a ver alagados por unha avalancha de produción extraeuropea fai preguntar ao sector galego si vale a pena abrir ese camiño.
 

Ao final todo dependerá do tempo, de si Trump mantén a postura tan agresiva que mostrou nos últimos meses e si, ao final, como sinalaba García, a UE acaba mostrando máis debilidades que fortalezas dentro e fóra das súas fronteiras.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE