Os produtores agroalimentarios galegos seguen con interese e temor a aplicación dos aranceis de Trump ás exportacións. O sector agrogandeiro tenta analizar tanto o freo ás exportacións como a porta aberta ás importacións que son os acordos con Mercosur segundo algúns. Algúns produtos veranse máis prexudicados que outros e as dúbidas sobre a procura e apertura de novas vías de exportación ofrecen máis dúbidas que certezas
Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten un crecemento lento da economía galega no segundo trimestre do ano en comparación cos tres meses anteriores. O incremento rexistrado do PIB, de só o 0,3%, deixa o crecemento da taxa interanual no 2%, un descenso do 2,3% con respecto ás previsións.
A caída das vendas a países como Francia (-18,1%), Italia (-25,1%), Bélxica (-41,2%) e Portugal (-9,7%), correspondentes ao mes de xuño, tamén tivo repercusión nas compras.
Os sectores de manufacturas de consumo (29,82% do total), automóbil (18,03%) e bens de equipo (17,46% do total) son os que máis venden fóra das nosas fronteiras.
Galicia asina o seu mellor ciclo ao lograr que o últimos catro anos sexan os de maiores vendas ao exterior da comunidade.