​A Xunta admite a retardación económica pero só atopa culpables nas exportacións

Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten un crecemento lento da economía galega no segundo trimestre do ano en comparación cos tres meses anteriores. O incremento rexistrado do PIB, de só o 0,3%, deixa o crecemento da taxa interanual no 2%, un descenso do 2,3% con respecto ás previsións. 


|

Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten un crecemento lento da economía galega no segundo trimestre do ano en comparación cos tres meses anteriores. O incremento rexistrado do PIB, de só o 0,3%, deixa o crecemento da taxa interanual no 2%, un descenso do 2,3% con respecto ás previsións.


Exportacións


Galicia experimentou un descenso nas exportacións


Esta retardación está relacionada en boa medida co descenso nas exportacións e importacións. O exemplo máis claro é o descenso rexistrado o pasado xuño en comparación co mesmo mes de 2018, cando se rexistrou un descenso do 15,1%, levando a caída anual ata o 10%.  As importacións, pola súa banda, reducíronse un 15,5% ese mesmo mes, aínda que no conxunto do ano o ascenso rexistrado é de case o 4%.


Pola súa banda, o emprego rexistrou un aumento do 0,9% no segundo trimestre do ano, unha décima máis que no trimestre anterior.


A Xunta BOTA BALÓNS FOSE

A situación da economía galega preocupa á Xunta e desde a Consellería de Facenda buscan aos culpables desta retardación, sendo a caída das exportacións o principal sinalado. Para o Goberno de Galicia esta baixada de vendas ao exterior "explica o menor crecemento do PIB respecto a trimestres anteriores".


Con todo, para o executivo galego non todos os datos son negativos. Segundo os datos da Xunta, Galicia suma 23 trimestres consecutivos con taxas interanuais positivas, onde todos os sectores da economía galega creceron -salvo a industria-, coa construción á cabeza co mellor dato cunha subida do 5,5% e á alza do emprego asalariado do 1,4%.  


Neste período tamén se crearon 12.400 novos empregos asalariados a tempo completo, segundo os datos da Xunta de Galicia. A pesar destes datos, desde Comisións Obreiras criticaron a situación, que tachan de “especialmente preocupante” mentres as exportacións “continúan afundíndose”, algo que afecta notablemente o emprego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE