Galicia

"Poden obrigarnos a seguir operando ambulancias pero hai empresas que irán a concurso de acredores"

Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Ambulancias (FEGAM), atende a Galiciapress para actualizar a situación na que se atopan as negociacións e desvela que apareceron máis ambulancias boicoteadas.

Miami quere voos directos con Galicia


Así llo fixo saber o alcalde do condado de Miami-Dade ao presidente de la Xunta na viaxe institucional deste útlimo en Florida. 

Están mal multados os condutores galegos? A xustiza di que algúns si

Unha sentenza dun xulgado pontevedrés pon en dúbida a veracidade das multas e os puntos subtraídos pola DXT, que agora poderían ser devoltos aos condutores penalizados.

Nin a Casa Real escapa ao informe de ‘A Liña do Galego’

O informe presentado por ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ reflicte as carencias da administración pública ou a banca á hora de ofertar os seus servizos ou dar atención aos clientes en lingua galega.

Portugal vixía con lupa a polución de Megasa en Seixal

A planta de Megasa en Seixal, ao sur de Portugal, está no punto de mira dos veciños da localidade e diversas institucións lusas, que a acusan de contaminar o aire.

Case 1.300 pacientes foron tratados polas vías rápidas de cancro o ano pasado
Un total de 1.291 pacientes foron incluídos por profesionais da Xerencia Integrada de Ferrol nas sete vías rápidas de cancro durante o ano pasado, "coa finalidade de que o tempo que transcorre entre o diagnóstico de sospeita de padecer a devandita enfermidade e a primeira actividade terapéutica non sexa superior aos 30 días".
(VÍDEO) O temporal ‘Helena’ deixa saraiba como canicas e xinetas no mar

O temporal deixou estampas en toda a comunidade galega coa saraiba, a neve ou os raios como protagonistas.

A ONCE forma a fisoterapeutas galegos no tratamento de parapléxicos
Oito alumnos da Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE, adscrita á Universidade Autónoma de Madrid, de varias comunidades, entre elas Galicia, iniciaron as súas prácticas no Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, onde estarán ata o 8 de febreiro.
O rexeitamento á Mina de Touro chega aos campos de fútbol

Os afeccionados do Céltiga ensinaron pancartas contra a reapertura da Mina de Touro-O Pino durante o partido do seu equipo ante o Compostela.

A Mesa chama a atención á Xunta polas “vulneracións” que sofre o galego segundo a ONU

A Mesa pola Normalización Lingüística remitiu un escrito ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que solicitan que o Goberno galego "atenda" o informe preliminar da ONU que sinala a existencia en Galicia de "vulneracións" dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

O paro baixou en 33.200 persoas en Galicia en 2018

A taxa de paro en Galicia descende ata o 12%, a niveis de hai unha década, por baixo da media española (14,45%).

Galicia, Asturias e Castela-León unidas para lograr un tren digno do século XXI

A mensaxe das tres autonomías, a asturiana gobernada polo PSOE,  a Moncla é claro. Á marxe de barreiras partidarias, reivindican a España unida, solidaria e vertebrada fronte ao secionismo catalán. 

En Marea reclama no Parlamento "un trato digno" para a saúde mental
En Marea rexistrou "diversas" iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta "un tratamento digno da saúde mental" dos galegos.
Novas ideas para fomentar o galego nas escolas

Este sábado celébrase a xornada  'Sumando espazos, espallando a lingua', no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, para "dar a coñecer iniciativas innovadoras que sirvan como referente para o resto do profesorado no seu labor de promover o uso do galego".

Santiago acolle o IV Simposio de Biopsia Líquida, con máis de 350 oncólogos

Oncólogos e investigadores abordarán os últimos avances en oncoloxía personalizada no marco do IV Simposio de Biopsia Líquida que se celebra este venres en Santiago de Compostela.

O partido de Beiras quere volver presentarse co BNG

Anova, excisión do Bloque Nacionalista galego desde 2009, ofrécese a Bildu, ERC e BNG para concorrer na súa candidatura ás eleccións europeas.

CCOO lamenta a perda de dous membros históricos

O sindicato emitiu unha nota na que lamenta o falecemento de Enrique Veira Piñeiro e Alfonso Quintana Mena, dous históricos sindicalistas da comarca Coruñesa. Nos dous casos, os sindicalistas eran membros de CCOO desde antes que se legalizase o sindicato.

Galicia necesita 666 axentes de Policía Nacional máis, reclama o SUP

Piden ao delegado do Goberno e ao xefe superior de Policía que o próximo concurso de méritos inclúa 250 prazas para Galicia.

O ERE de Vodafone afectará tamén á “calidade” do servizo en Galicia
Consumidores galegos advirten de que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado en Vodafone "profundará na perda de calidade" do servizo, que xa estaba en "niveis mínimos" nos estudos realizados en 2018.
A Cidade da Cultura acolle o festival 'Pequefilms'

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá os días 26 e 27 de xaneiro unha nova edición do festival infantil de curtametraxes 'Pequefilms', cunha programación que percorre os cinco continentes.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE