"Poden obrigarnos a seguir operando ambulancias pero hai empresas que irán a concurso de acredores"

Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Ambulancias (FEGAM), atende a Galiciapress para actualizar a situación na que se atopan as negociacións e desvela que apareceron máis ambulancias boicoteadas.


|

Enrique Blanco, presidente da Federación Galega de Ambulancias (FEGAM), atende a Galiciapress para actualizar a situación na que se atopan as negociacións e desvela que apareceron máis ambulancias boicoteadas.


Ambulancia do 061 que sufriu desfeitas e pintadas na madrugada deste domin

Este venres empeza a folga no sector das ambulancias


A falta de dous días para a folga que se iniciará no sector das ambulancias para partir do 8 de febreiro, a patronal afirma que, nestes momentos, as negociacións non se atopan “en ningún punto”


RESOLVERÁ ALGO O NOVO CONTRATO?

Estamos a expensas de que a administración saque un concurso e ver con que podemos negociar, porque co orzamento que temos actualmente non podemos negociar máis que o que puxemos encima da mesa”, di Blanco, presidente de FEGAM.


En canto ás posibilidades de desconvocar a folga, a patronal afirma que "cando estabamos a negociar na mesa o que dixemos é que había que esperar a que o 061 saque un novo contrato e a partir do novo orzamento poderiamos negociar, pero se volve saír nunhas condicións que non garante o convenio actual, pois entón é mellor esperar”, afirman desde FEGAM.


Esta situación ao redor da licitación do servizo chega tamén nun momento no que o sector ten aberta outra guerra, a de lograr un novo convenio colectivo. Blanco recalca que esa loita tamén se mantén “sen avances” e que seguirá así “ata que non salga o concurso, porque non podemos negociar a cegas xa que nos levaría a unha situación semellante á que estamos hoxe”.


Ante este panorama de incerteza, a gran cuestión pasa a ser que ocorrerá se non se chegou a ningún tipo de acordo para desbloquear a situación unha vez cumpridos todos os prazos fixados pola patronal para deixar de prestar o servizo. “A Xunta pódenos obrigar a seguir operando por interese público, e é o que teremos que facer…outra cousa é se realmente podemos ou non, porque hai empresas que terán que ir a un concurso de acredores”, lamenta Enrique Branco.


UN SERVIZO DEFICITARIO

A situación é, di, insustentable para as empresas de ambulancias, xa que o contrato actual deixa ao sector nun déficit do 20%, segundo o propio presidente de FEGAM. Esta situación, afortunadamente, non está a afectar á calidade dos usuarios. “Polo momento non está a afectar á calidade asistencial, pero pode afectar se se prolonga esta situación sen atopar un equilibrio económico”, recoñece Blanco.


Para poder ofrecer en servizo acorde á calidade asistencial e sen perder diñeiro, as empresas reclaman a convocatoria dun concurso de polo menos 51 millóns de euros, e que se trata de “o custo real do convenio e da lexislación actual, con todos os cambios de normativas que houbo a nivel estatal que tamén afectan a Galicia”. “Nós abrímonos a sentarnos nunha mesa e ver de que diferenza estamos a falar”, comenta Branco, que sostén á súa vez que é “é imposible” facelo por baixo dese gasto porque entón “incumpririamos a lei vixente”.


Polo momento, a Xunta trasladou a FEGAM que están a traballar para “recortar os prazo o máximo posible” para poder presentar canto antes un novo concurso. “Non podemos facer un estimación concreta, aínda que esperan que salga sobre o mes de marzo e, se poden, telo adxudicado en tres meses”, destaca o presidente da asociación.


MÁIS AMBULANCIAS ATACADAS

A cada minuto que pasa sen chegar a un acordo, a tensión dentro do sector aumenta. Nos últimos días isto desembocou nunha serie de ataques contra as ambulancias, entre eles o incendio dunha delas en Tui. Enrique Blanco confirma que a pasada madrugada foron boicoteadas outras tres ambulancias, ás que se lles picou as rodas.


Sabotaxe a ambulancias do 061

Ambulancia saboteada en Tui


Así, as localidades de Ordes, Ribeira e Nigrán súmanse á lista de lugares onde se sucederon os boicots ás ambulancias, aínda que puntualiza que nestes casos “non son actos tan virulentos como o de Tui”.


A FEGAM sospeita que detrás destas sabotaxes que deixan inoperativas as ambulancias está “algunha persoa do sector que tenta reivindicar a súa loita con estes actos violentos”, aínda que sinala que non debería chegarse a estes extremos porque a loita ten que realizarse por medio de “reivindicacións e protestando, pero sen que o material de traballo véxase afectado”. 

relacionada Folga en ambulancias "non só polos nosos dereitos, senón polos de todos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE